EroskiParaíso Bocatas
Volver

Eroski Paraíso

Sinopse

Eroski Paraíso é unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade da costa galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e que pouco despois foi convertida nun supermercado Eroski, un feito que, mudando os nomes, repítese en infinidade de lugares. A obra aliméntase do innato sentido do humor de Chévere, profundizando nunha perspectiva crítica da realidade contemporánea e explorando novas zonas de intersección entre a linguaxe cinematográfica e o teatro. Planeada como unha rodaxe dunha película documental, Eroski Paraíso retrata o desarraigo que arrastrou a unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, da súa fala, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria. Porque o paraíso prometido polo Estado de Benestar en realidade ten a forma dun supermercado. Vídeo

Web:

http://redenasa.tv/gl/residencias/eroskiparaiso/

Candidaturas

  • Espectáculo : Eroski Paraíso Premiado/a
  • Actriz Secundaria : Cristina Iglesias
  • Actor Protagonista : Miguel de Lira
  • Actriz Protagonista : Patricia de Lorenzo Premiado/a
  • Iluminación : Fidel Vázquez
  • Música Orixinal : Terbutalina Premiado/a
  • Texto Orixinal : Manuel Cortés
  • Dirección : Xron Premiado/a

Compañía

Chévere

Data estrea:

18/03/2016

Contacto