Volver
Manawee
Sinopse
Manawee é un espectáculo de creación contemporánea para tódolos públicos sobre o concepto fundamental da emoción, que pon o foco neses momentos de cambio durante a vida polos que pasamos inevitablemente entre os 8 e os 13 anos. En Manawee, as Matrioshkas Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, escrébense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos de tránsito dende a súa infancia ata a xuventude. Esa carta que tod@ nen@ recibirá de si mem@ no futuro. Manawee é unha nova emoción que xorde pero aínda non ten un nome recoñecido; un espectáculo para aquelas persoas que vislumbran grandes cambios.
Web:
http://matrioshkateatro.wix.com/matrioshkaCandidaturas
- Espectáculo Infantil : Manawee
- Actriz Secundaria : Anabell Gago
- Actriz Protagonista : Lorena Conde
- Maquillaxe : Trini F. Silva
- Vestiario : Uxía P. Vaello
- Iluminación : Javier Quintana
- Escenografía : Maraña (Lorena Conde)
- Música Orixinal : Mónica de Nut, Vadim Yukhnevich e Javi Bermejo Premiado/a
- Texto Orixinal : Lorena Conde
- Dirección : Uxía P. Vaello
- Actriz Protagonista : Chelo do Rejo