Volver
Xardín suspenso
Sinopse
Ata onde pode levar a fidelidade a un amor que non
é correspondido? Lucía, nova arquitecta, non desiste
da súa fidelidade. Concibiu un xardín despexado,
composto tan só por fina area ben alisada e unhas
poucas pedras, na antiga horta da casa dos seus
pais, o fogar que abandonou en tres ocasións e ao
que regresou sempre a petición de Mateo, o seu
amor imposible e con quen, sen ser o seu irmán de
sangue, creceu desde a infancia. É a el a quen Lucía
lle dedica este xardín zen que a familia se dispón a
inaugurar cando Mateo anuncia que vai casar con
outra muller, Paula.
A partir dese momento, Lucía desiste de comer;
decide abandonarse disolvéndose na vida por
inacción. Nunha espiral de dor, desleixo e baleiro
péchase os outros. Ignorando os seus sentimentos,
a familia intenta comprender o enigma. Mariana, a
avoa, resolveu o misterio desde moi cedo. Coa
sabedoría que propicia a idade, aconsella ao fillo:
“Se oímos ben, respiramos mellor”. Pero na casa,
ninguén a escoita. Mais a vida continúa e o xardín suspenso.......
Web:
http://blogs.xunta.es/xardinsuspenso/Candidaturas
- Espectáculo : Xardín suspenso
- Actor Protagonista : César Cambeiro
- Actor Protagonista : Santi Romay
- Actriz Protagonista : Luisa Merelas
- Actriz Protagonista : Melania Cruz Premiado/a
- Actriz Protagonista : Rocío González
- Actriz Protagonista : Ana Santos
- Maquillaxe : Martina Cambeiro
- Vestiario : Carlos Alonso
- Iluminación : Afonso Castro Premiado/a
- Escenografía : Carlos Alonso Premiado/a
- Música Orixinal : Manuel Riveiro
- Adaptación/Tradución : Cándido Pazó
- Dirección : Cándido Pazó
Compañía
Centro Dramático Galego
Data estrea:
13.03.2015