
Volver
Ultranoite no país dos ananos
Sinopse
O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Para retratar esta terra servímonos da compañía de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro.
Esta Ultranoite ten un estómago e un corazón. Co estómago na man fixemos uns sketches inzados de tópicos, chascarrillos e lugares comúns para ceibar unhas risas cómplices. A corazón aberto ofrecemos unha presa de músicas e cancións sen lugar para esperanza, pero dun lirismo, unha beleza e unha contundencia incomprensiblemente arrebatadoras.
Web:
http://redenasa.tv/gl/pais-dos-ananos/Candidaturas
- Vestiario : Carlos Alonso Premiado/a
- Iluminación : Fidel Vázquez
- Escenografía : Carlos Alonso
- Música Orixinal : Xacobe Martínez Antelo Premiado/a
- Texto Orixinal : Manuel Cortés Premiado/a
- Actor Secundario : César Goldi Premiado/a
- Actor Secundario : Miguel de Lira
- Actor Secundario : Xesús Ron
- Actriz Secundaria : Arantza Villar
- Actriz Secundaria : Mónica García
- Actriz Secundaria : Patricia de Lorenzo
- Dirección : Chévere