Volver
Emigrados
Sinopse
unha peza na que se fala do acontecemento socioeconómico máis relevante e significativo polo que pasou Galiza ao longo do século XX, a partir de textos de cinco creadores galegos contemporáneos. Autores: Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumai e Sonia Torre. Dirección: Etelvino Vázquez. É a todas luces incontestable que o fenómeno da emigración constitúe o acontecemento socioeconómico máis relevante e significativo polo que pasou o noso país ao longo do século XX. Así, a partir de textos de cinco creadores de agora 'Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Suso de Toro, Anxos Sumai e Sonia Torre' Teatro de ningures estrea esta montaxe ideada como un mosaico de pezas engarzadas. Pezas que, dende o tratamento específico da emigración, da inmigración, do retorno, do desenraizamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nitidamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de exilio. Unha oportunidade única para falar dun tema moi próximo, tratado dende a axilidade da linguaxe contemporánea e dende a ironía como vehículo de expresión e, sobre todo, dende a proximidade a todas aquelas persoas que viviron 'sufriron' nas súas carnes o desenraizamento que supón a abandono forzado do que é propio.
Candidaturas
- Actor Secundario : Fran Paredes
- Actor Secundario : Santiago Cortegoso
- Actor Protagonista : Salvador del Río
- Actriz Secundaria : Mónica Camaño Premiado/a
- Actriz Secundaria : Sonia Rúa
- Actriz Protagonista : Casilda García
- Adaptación/Tradución : Xosé Manuel Pazos e Etelvino Vázquez
- Dirección : Etelvino Vázquez
- Escenografía : Pablo Giráldez "Pastor"
- Espectáculo
- Iluminación : Etelvino Vázquez
- : Ningures
- Música Orixinal : Anxo Graña
- Texto Orixinal : Anxos Sumai, Cándido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro, Xosé Manuel Pazos
- Vestiario : Carlos Alonso
Compañía
Teatro de Ningures