Volver
A Piragua
Sinopse
Reunión da comunidade de propietarios dun edificio. No momento dos rogos e
preguntas un propietario protesta porque hai un veciño que ten unha piragua na
súa praza de garaxe. A comunidade divídese nos seus pareceres: nin os estatutos
da comunidade nin a Lei de Propiedade Horizontal din nada sobre o uso
específico das prazas de garaxe pero, segundo argumentan outros propietarios,
as cousas son como son, como teñen que ser, e é obvio e natural que as prazas
de garaxe foron creadas para ter nelas vehículos automóbiles.
Acompañando á comunidade no desenvolvemento desta desavinza, que se
prolonga durante varios días, imos descubrindo, xunto co resto das personaxes,
que nunha das vivendas está a desencadearse unha situación de violencia
doméstica. É unha situación que sempre existiu dunha maneira máis ou menos
larvada pero que ultimamente está intensificándose, ou cobrando máis
visibilidade, debido á nova actitude da vítima. Trátase dunha muller que, farta de
aguantar e ante unha progresiva toma de conciencia, decide enfrontarse para
establecer unhas novas regras de xogo: as cousas poden e deben ser doutra
maneira.
Candidaturas
- Actor Secundario : César Martínez "Goldi"
- Actor Secundario : Marcos Orsi
- Actor Secundario : Ricardo de Barreiro
- Actor Protagonista : Xose Manuel Oliveira "Pico"
- Actriz Secundaria : Iolanda Muiños
- Actriz Secundaria : Marián Bañobre
- Actriz Protagonista : Susana Dans Premiado/a
- Dirección : Cándido Pazó
- Escenografía : Carlos Alonso
- Espectáculo
- Iluminación : Afonso Castro Premiado/a
- : Dolores Centeno
- Música Orixinal : Manuel Riveiro Hermo Premiado/a
- Texto Orixinal : Cándido Pazó Premiado/a
- Vestiario : Carlos Alonso
Compañía
CDG