Volver
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
Sinopse
Os nenos, todos os nenos, entréganse, con máis entusiasmo, a inventar os seus recintos de realidade, dándolle voltas de parafuso ao real até construír o seu propio espazo verosímil, que aceptar un irreal alleo, alleante, ausente e decote ateigado de moralina. Hai unha maneira atroz de ser neno: non selo.
Carlos Casares, neno que foi por terras de Limia, en tempos de fame e de posguerra, non forneceu o seu imaxinario de fadas cursis e princesas ridículas, senón de historias heroicas e aventuras asombrosas, da man, da boca do seu avó Herminio.
As páxinas da infancia, as únicas que logran salvar do naufraxio da vida, impregnarán a vida e a literatura de Carlos Casares e, xa que logo, comparecerán, tamén, en As laranxas máis laranxas de todas as laranxas propoñéndolle á literatura infantil galega unha paisaxe fundacional alonxada de tufos maniqueos.
Web:
http://centrodramatico.xunta.galCandidaturas
- Maquillaxe : Dolores Centeno Premiado/a
Compañía
Centro Dramático Galego