Volver
A conxura dos necios
Sinopse
A conxura dos necios, esa novela fantástica,
esa «proeza», ese xigantesco cadro simultánea e
excepcionalmente cómico, satírico e tráxico, recibiu
en 1981 o premio Pulitzer de ¿ficción?
O autor, John Kennedy Toole, suicidouse once
anos antes, coa frustración de ver rexeitada a súa
obra polos editores americanos.
A súa audacia, o seu alegato desquiciado, espido e
inconmensurable, levou a Compañía Sarabela a
elixir este proxecto de «grande envergadura» despois de dúas experiencias inesquecibles de «xéneros
apertados»: A esmorga de E. Blanco Amor e O lapis
do carpinteiro de M. Rivas.
O protagonista, Iñacio Rei, vive aos trinta anos
coa súa estrafalaria nai; está a escribir unha extensa
e demoledora denuncia contra o noso século, tan
falto de «teoloxía e xeometría» como de «decencia
e bo gusto». Observa unha sociedade ourizada
onde a corrupción e o vicio gobernan sen pudor.
Web:
http://sarabelateatro.comCandidaturas
- Actor Secundario : Xavier Estévez Premiado/a
- Maquillaxe : Carmela Montero Premiado/a
Compañía
Sarabela Teatro