
Volver
Bobas & Galegas (Mofa & Befa no Século de Ouro)
Sinopse
Un dúo cómico procedente dos límites da delincuencia, Mofa&Befa, foron detidos o ano pasado en Almagro tras inflinxir dolorosas feridas ao inmortal Shakespeare.
Postos en liberdade por un erro xudicial, saen da cárcere onde os recluíra a crítica e regresan a Almagro para saciar a súa sede de vinganza. ¿Quen é a víctima?
O inocente teatro clásico español. Tras Almagro, a vinganza exténdese por todos os escenarios da península.
Aproveitando o seu acento, fanse pasar por criados galegos e desgástanse cínicamente en xenuflexións e reverencias para gañarse a simpatía do público. Na cárcere adquiriron unha enfermidade de transmisión textual que lles obriga a falar en verso. Tanto lles da a redondilla como o romance, aínda que non lles fan ascos ao agridoce sabor da silva.
¿Cales son as súas armas? Dous fouces de segador que cortan por igual os trigos e os tópicos.
Poden transformarse, para lograr os seus fins, en anxos ou demos, cabaleiros ou bufóns, bobas ou galegas.
Quico Cadaval
Web:
http://excentricas.netCandidaturas
- Vestiario : Cloti Vaello
- Iluminación : Baltasar Patiño
- Escenografía : Baltasar Patiño
- Música Orixinal : Fernando Reyes
- Texto Orixinal : Quico Cadaval Premiado/a
- Actor Protagonista : Evaristo Calvo
- Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
- Dirección : Quico Cadaval
- Espectáculo