Volver
PAN!PAN!
Sinopse
PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!
Web:
http://apanadaria.es/Candidaturas
- Iluminación : Montse Piñeiro
- Música Orixinal : Ailén Kendelman Premiado/a
- Texto Orixinal : Areta Bolado
- Actriz Secundaria : Ailén Kendelman
- Actriz Secundaria : Areta Bolado Premiado/a
- Actriz Protagonista : Noelia Fernández
- Dirección : Areta Bolado, Noelia Fernández e Ailén Kendelman
- Espectáculo