Volver
Alma de Tigre
Sinopse
ALMA DE TIGRE é unha ensoñación revelada a partir da historia real de tres irmáns. A memoria, os afectos, a herdanza e o futuro dan corpo á nova creación orixinal do Elefante Elegante que aborda a temática das relacións familiares.
Alma de Tigre evoca a historia duhna familia encerrada nunha casa estartalada a través de cuxas fendas vanse filtrando os segredos do pasado e dunha herdanza envelenada. Á morte da nai, o fillo e as dúas fillas reencóntranse na casa familiar para decidir a súa venda e qué facer coa herdanza. Mais a casa resístese a deixalos marchar.
A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, vanse revelando tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral. O absurdo, o ridículo e o poderoso efecto cómico das situacións creadas agochan o fondo tráxico que a realidade humana transporta en si mesma.
ALMA DE TIGRE transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo. O espectáculo materialízase en forma de pintura viva inspirada en autores tan diversos como Gustav Klimt, Sandro Botticelli ou Caravaggio.
ALMA DE TIGRE crea repetidos momentos de fantasía e ilusión contrapesados coa súa deriva grotesca, partindo do principio de que a vida é un soño que pode facilmente transformarse en pesadelo.
Web:
https://elefanteelegante.net/gl/espectaculos/alma-de-tigre-gl/Candidaturas
- Espectáculo : Alma de Tigre
- Actor Secundario : Mario Rodríguez
- Actor Protagonista : Pablo Sánchez
- Actriz Protagonista : María Torres
- Actriz Protagonista : Julia Laport
- Vestiario : Diego Valeiras
- Iluminación : Nacho Martín
- Texto Orixinal : María Torres
- Dirección : Gonçalo Guerreiro
- Dirección de movemento : Gonçalo Guerreiro, Sabela Domínguez, Julia Laport
- Espazo sonoro : Manuel Fonte
- Espazo escénico : Gonçalo Guerreiro
Compañía
Elefante Elegante
Data estrea:
08/04/2022