Elisardo
Volver

Esas Cousas Marabillosas

Sinopse

“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando comeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man. Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando... mamá está no hospital: "Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”. Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir. 1. Os xeados - 2. As guerras de auga - 3. Non ir para cama á túa hora e poder quedar a mirando a tele - 4. A cor azul - 5. As cousas a cadros - 6. Unha montaña rusa. Deixa a lista na almofada de mamá co título “Todas esas cousas marabillosas”... Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.   Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven coa axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.   É unha peza tenra, emocionante e divertida. É unha comedia sobre a depresión e o suicidio É unha obra que pode cambiarche a vida… e para ben.

Web:

www.empatiateatro.com

Candidaturas

  • Espectáculo : Esas Cousas Marabillosas
  • Actor Protagonista : Elisardo de la Cruz
  • Adaptación/Tradución : Avelino González
  • Dirección : Avelino González
  • Dirección de movemento : Avelino González
  • Espazo escénico : Avelino González

Compañía

Empatia Teatro

Data estrea:

18/03/2022

Contacto

Descargar programa