Volver
Arte sen guión
Sinopse
Existiu o teatro medieval en galego? Arte sen guión responde a pregunta desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época.
Arte sen guión é unha especulación improvisada, unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.
Web:
https://www.galeatro.es/espectaculos/artesenguionCandidaturas
- Espectáculo : Arte sen guión
- Actor Protagonista : Miguel Canalejo
- Actor Protagonista : Tone Martínez
- Actriz Protagonista : Alba Bermúdez
- Actriz Protagonista : Cris Iglesias
- Maquillaxe : Alba Bermúdez
- Vestiario : Anahí Taraburelli
- Iluminación : Gonzalo Porteiro
- Texto Orixinal : Miguel Canalejo
- Dirección : Miguel Canalejo
- Espazo sonoro : Nacho Martín
- Espazo escénico : Alba Bermúdez