A Xunta Directiva da AAAG está negociar o 2º Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia.
-O PORQUÉ
Pola correspondente denuncia do actual convenio por parte de Escena Galega.
É así que convocamos unha MESA PARITARIA o 2 de Decembro para pedir explicacións.
Nesta xuntanza á que non asistiu AGADIC, quedou claro, como acordamos entre ambas partes, que a denuncia foi fóra de prazo. Aínda así decidimos tela en conta por asesoramento do Consello Galego de Relacións Laborais, xa que de chegar a maxistratura, sería @ xuiz-a oportun@ quen decidiría se esta denuncia tén validez ou non, dependendo do seu propio criterio. Tamén queda constancia de que a denuncia foi inter-posta por EG pola caducidade en Xaneiro do 2014 da Addenda ao convenio aprobada no 2013, onde se conxelaba a suba do 5% dos salarios, así coma outros acordos.
Decidimos, entón, convocar a correspondente MESA NEGOCIADORA.
-1ª MESA NEGOCIADORA, o 18 de Decembro do 2013.
Convocada esta mesa, e coa asistencia de todas as partes convocadas, non se chega a un acordo no número de representantes por parte patronal (EG-AGADIC) quedando este punto a expensas de solucionalo na vindeira convocatoria. Así e todo, quedou constituída a mesa coa vontade de darlle prioridade ás tablas salarias para o presente ano na vindeira xuntanza. De igual xeito, debido á actual reforma laboral pro-movida polo actual goberno na que en caso de non chegar a acordo na mesa negociadora no prazo dun ano quedariamos sen o vixente convenio, acordamos, todas as partes prorrogar o convenio actual de forma indefinida ata a aprobación dun novo convenio, sendo este o obxetivo prioritario por todas as partes, e quedando asinado como mostra da boa vontade.
-2ª MESA NEGOCIADORA, o 28 de Xaneiro.
Asistindo todas as partes convocadas, nesta ocasión tampouco se chega a un acordo no tema da representatividade na mesa por parte de AGADIC, quedando este tema pendente de algún “fleco”. Sexa como fora, apróbanse as táboas salariais para o presente ano cunha suba salarial correspondente á suba do IPC do 0,3%.
-POR QUÉ UN 2º CONVENIO
Referímonos a un 2º CONVENIO por dúas razóns:
A primeira é porque pouco a pouco vanse “parcheando” puntos neste vixente convenio a modo de collage. Nalgúns dos casos son puntos que faltan. Noutras ocasións son puntos que requiren darlle unha volta. Noutras ocasións son pola necesidade de que ecuación convenio/situación actual sexa o máis equilibrada posible.
E a segunda é porque se abre unha mesa negociadora. Ben é certo que hai un antecedente a modo de excepción de apertura-clausura da Mesa negociadora no mesmo día para aprobar a Addenda ao Convenio vixente, pero pódese definir como algo puramente anecdótico. Unha vez aberta unha mesa negociadora xa se fala oficialmente dunha negociación para un novo convenio, e neste caso trátase do 2º CONVENIO COLECTIVO DE ACTORES E ACTRICES DE TEATRO DE GALICIA.
E como a vontade de todas as partes é a de negociar para mellorar, niso andamos.
-OBXECTIVOS
Co fin de acadar un Convenio á medida de tod@s, estamos analizando os distintos puntos redactados no texto actual para conformar una proposta robusta que partillaremos con tod@s @s asociad@s para abordar nas correspondentes mesas negociadoras.