Concepto e obxectivos (por Alberto Velasco)
Como creador quero construír un espazo seguro onde _s participantes poidan vir xogar a un lugar en que se respecten estas regras básicas: A conciencia da beleza, o non xuízo, a ruptura do tempo e o goce. A partir destes ingredientes as sesións daranse cos materiais e propostas que _s participantes traian dun xeito fácil, cómodo e aberto, individual e colectivamente. Un espazo de encontro e posta en común das ferramentas que me axudan a conectar co meu “eu creador” e escena: poremos sobre a mesa e o estudio distintas dinámicas como a escritura automática, a percepción corporal e a procura activa da poética que activen os dispositivos creadores sen xuízo e abríndonos ao cansazo como resorte creativo.
Estaremos abert_s ao debate, borrador, re-escritura, a escoita, a transversalidade de signos escénicos, a aposta... Un tempo no que estaremos ao servizo da creación e a celebración escénica.
Metodoloxía
As sesións de traballo estarán divididas en tres partes:
1. Circulo de encontros no que manifestamos como nos sentimos con respecto ao traballo e constatamos achados que cremos nos poidan servir para o futuro. Momento de posta en común e de reflexión.
2. Quecemento físico - sensorial a través de múltiples exercicios individuais e colaborativos
3. Dinámicas de creación e mostra das pezas. Cada día crearase unha peza curta cos elementos que foran asignados na dinámica xa sexa individualmente ou en grupo, a peza pode ser escénica, textual, visual, performática, cinematográfica, danza, cociña… realmente aberta ao que se cree no momento. Sen xuízo. Iremos sumando pezas curtas cada día que nos darán un abano moi amplo de posibilidades de creacións futuras.
Defender a nosa identidade única como creadores
O xenuíno e a forza do imperfecto.
Transcender do corpo ao texto e viceversa
Descubrir o noso universo poético, defendelo e potencialo
Conexións do universo cotiá ao poético.
Narrativas que intervirán no relato
Signos escénicos presentes e fantasmas ao servizo da creación
A miña dramaturxia como un acto terrorista & un acto de amor.
O docente
Actor, bailarín e creador indispensable na escena española que utiliza o corpo como lugar de pensamento e de transformación. O seu traballo habita o encontro entre teatro, danza e performance para construír experiencias onde a emoción e a beleza dialogan co político e o humano. En constante evolución conseguiu un estilo ecléctico perfectamente recoñecible. Alberto traballou con Rakel Camacho en “FuenteoveJuna”, Marta Pazos en “Orlando”, Lola Blasco en “El Teatro de las Locas”, Carlota Ferrer en “Tiresias”, “Los Nadadores Nocturnos” “Esto no es la casa de Bernarda Alba”, “Los Nadadores Diurnos” (Premio Unión de Actores ao mellor Actor de Reparto de Teatro 2023) Con Chevi Muraday en “Juana” / “Cenizas” / “En El Desierto (Premio Max das Artes Escénicas ao Mellor Espectáculo de Danza 2015), Alberto Conejero en “Clift/Acantilado” , Juan Carlos Pérez de la Fuente en “NUMANCIA”, David Serrano en “Billy Elliot, El Musical”, Marta Carrasco “Dies Irae”, “No Se Si…”, Hiroko Tanahasi & Alicia Soto en “Supergravityzerogravity”
Como director e creador de escena as súas montaxes puidéronse ver en todo o mundo: ”¡Vaca!”,” La Inopia” “Escenas De Caza”, “Danzad Malditos” (Premio MAX das Artes Escénicas ao Mellor Montaxe Revelación 2015) “Dance to Death” no festival GREC 2017, “Cuando Todo Cambia” de Itziar Pascual e Amaranta Osorio, “Atra Bilis” de Laila Ripoll o “Sweet Dreams” (Premio Godoff Mellor montaxe 2022 y Premio Mellor Actor de Teatro Unión de Actores 2022)
A súa última peza como creador foi a estrea de Sacresize (Ballet para persoas gordas sobre a consagración da primavera de Stravinsky) en Teatros del Canal. O ano pasado no Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro 2025 presentou “La Jácara De Los Cuerpos Imposibles” e o ano anterior “Mover Montañas” co-producida polo Festival Internacional TAC de Valladolid e Danseu Festival de Les Piles. Premio do xurado ao Espectáculo máis innovador do Festival Internacional TAC de Valladolid 2024 e finalista a Mellor Solo de Danza nos Premios da Crítica de Barcelona 2024.
Tamén fai as asesorías escénicas das montaxes de Manuel Liñan “Viva” (Premio da crítica de Jerez 2019 e Premio Max do Público 2020) “La Otra Escena” e “Pie De Hierro” ou Carlos Rodriguez “Eterno”. Así como as direccións de escena de “Zambra de la Buena Salvaje” de Isabel Vázquez & Elena Carrascal, “Lucia en Vivo” de Lucia Álvarez La Piñona e “Lo Inédito” de Cía. Flamenca La Lupi.
En televisión vímolo en series como “Amar es para siempre” / A3 onde interpreta a Leo ou en “Vis A Vis” A3/Netflix/Fox onde interpreta a Palacios. (Premio Mellor Actor de TV no Festival de TV e Cine Reino de León 2017 e Nominado Mellor Actor de TV nos Premios Unión de Actores 2019cunha personaxe de reparto en “Madres” Amazon / T5 onde interpreta a Rafa. En 2020 colabora coa personaxe de Miguel en “By Ana Milan” de Atresmedia Studios. En cine participou en “La Mano Invisible” de David Macian, “De Chica en Chica” de Sonia Sebastian, “Una Nueva Vida” de Marina Seresesky, “La Familia Perfecta” de Arancha Echevarría.
Ademais, escribe e dirixe as curtametraxes “Volcánica” e “El Rey De Las Flo-Res” (Ganador de Mellor Curtametraxe CyL en SEMINCI, Mellor Autor Novel en FICIE e Mellor Curtametraxe no Festival Vila de Noia).
Datas e duración:
20 e 21 de outubro. De 10h a 14h e de 16h a 20h 16 horas
Lugar:
Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. MAPA
Prazas e selección do alumnado:
Este taller ten 16 prazas activas e 4 como oínte. A admisión realizarase por sorteo entre as persoas inscritas no caso de haber máis solicitudes que prazas, constituíndo unha lista de agarda de ser o caso. Para asistir como oínte apúntate neste formulario As prazas de oínte serán así mesmo sorteadas de haber máis solicitudes que prazas
As persoas admitidas deberán asistir ao taller con roupa cómoda para o movemento (adaptable a todo tipo de diversidades físicas) así como papel e boli (prescindindo de formatos dixitais).
Prezo:
Socixs AAAG e/ou AISGE: 90 euros
Socixs AAAG no paro: 50 euros
Non socixs: 140 euros
Oíntes: 70 euros non socixs / 50 euros socixs
Inscrición:
Dende o 24 de setembro, xoves, ata o 13 de outubro, martes, ás 12h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina web.
Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Reserva de praza e forma de pago
Comunicarase a lista de admisión o martes 13 de outubro. De rexistrarse máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera. Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e prazo de pagamento.
De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.