Presentación
Neste obradoiro traballaremos dun xeito tridimensional o achegamento a una secuencia por parte do/a intérprete e posteriormente o traballo co/a director/a da mesma ata chegar á rodaxe e finalmente rodala.
O obxectivo é ter ferramentas para afrontar unha secuencia (ben para rodaxe, casting ou selftape) desde o inicio, buscando o conflito, obxectivos dos personaxes, texto e subtexto, inicio e final da secuencia e curvas internas, ademais das peculiaridades do personaxe.
E unha vez feito este traballo ensaiala co director/a e traballar a escoita co compañeiro e o traballo do corpo. E xa para cando vaiamos a traballar diante da cámara adquirir algunhas nocións de linguaxe cinematográfica (valor de plano, movementos de cámara, encadre, puntos de vista) e traballar algo fundamental: a ollada e a voz. Falaremos de conceptos básicos como raccord, marcas, campos de luz, retome o retake, réplica, blocking… Tamén repasaremos as diferenzas entre os diferentes obxectivos empregados no cine e as consecuencias sobre o/a intérprete.
Continuando co traballo coa voz conversaremos un pouco e faremos algunha proba con textos de ficción sonora.
A docente
Paula Cons é directora e guionista. Acaba de dirixir a súa segunda película “Mi ilustrísimo Amigo” que narra a historia de amor entre Benito Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán, unha coprodución entre Canarias e Galicia. O filme acaba de ser seleccionado para formar parte da Sección Oficial do Festival de Cinema de Madrid – PNR tamén no Festival Internacional de Cinema de Las Palmas de Gran Canaria. Ademais, a película foi recoñecida co premio a Mellor Dirección de Fotografía (Best Cinematographer) tanto no Miami Women Film Festival como no Montreal Women Film Festival, e recentemente recibiu o premio a Mellor Película no Berlin Women Cinema Festival,
A súa opera prima, A illa das Mentiras, tivo a “world premiere” no Festival clase A Shanghai International Film Festival, posteriormente foi seleccionada no Festival Internacional de San Sebastián na sección “Made in Spain” e seleccionada na Sección Oficial do OUFF onde gañou o premio á mellor película galega. Na súa estrea durante a pandemia en Filmin foi o contido máis visto. Posteriormente estrenouse en salas de cine de toda Galicia onde permaneceu máis de 9 semanas. Ganou o Blogos de oro á mellor película, 5 Mestre Mateo entre eles o de Mellor Dirección, premio a Mellor Película no Celtic Media Festival, no London Spanish Film Festival. Ademais participou en Festivais de todo o mundo e foi estreada en cines en Grecia, Rusia e Portugal.
Dirixiu a serie documental de NETFLIX ¿Dónde está Marta? que acadou o número 1 en España durante semanas e o número 6 a nivel mundial en series de fala non inglesa. Dirixiu para Audible (Amazon) varias ficcións sonoras. Directora tamén do documental histórico e de investigación “A Batalla descoñecida” seleccionado a competición na SEMINCI na sección DocsEspaña.
Actualmente está en proceso de preprodución de dúas longametraxes.
O ano pasado recibiu o premio MULLERES NO FOCO pola súa traxectoria e tamén polo seu compromiso co feminismo.
Impartiu cursos de interpretación en AISGE, e na Escola andaluza de interpretación 32 historias, ademais de diversas conferencias sobre o tema. É titora de guión de diversos laboratorios ao longo do país (SGAE, Conectalab, Agapi Impulsa, Cima 10, Titorías de AGAG, Laboratorio del Norte, Ames LAB, DCP Cantabria…) e tamén titora de PITCHING..
Datas e duración:
Do 20 ao 23 de outubro. Luns 20 de 11h a 14h; Martes 21, mércores 22 e xoves 23 10h a 15h. 18 horas
Lugar:
Sede de la Fundación AISGE en Santiago de Compostela. Rúa do Monte dos Postes 14. MAPA
Prazas e selección do alumnado:
Este taller ten 14 prazas activas. A admisión realizarase por sorteo entre as persoas inscritas no caso de haber máis solicitudes que prazas, constituíndo unha lista de agarda de ser o caso.
Prezo:
Socixs AAAG e/ou AISGE: 120 euros
Socixs AAAG no paro: 90 euros - Desconto exclusivo para socixs da AAAG
Non socixs: 160 euros
Inscrición:
Dende o 17 de setembro, mércores, ata o 9 de outubro, xoves, ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina.
Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Reserva de praza e forma de pago
Comunicarase a lista de admisión a tarde do xoves 9 de outubro. De rexistrarse máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera. Para reservar a súa praza a persoa admitida deberán facer o ingreso do 50% do custo do curso ata o martes 14 de outubro seguindo as instrucións enviadas xunto a admisión. Este depósito non será reembolsable no caso de que a persoa admitida finalmente non faga o curso excepto por causa xustificada. No caso de non facelo a praza pasará a seguinte persoa na lista.
De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.