Presentación
Nestes momentos nos que parece que a linguaxe tende á simplificación, á sinterización (vía tecnoloxía) e a unha certa globalización queremos parar e observar este proceso con detemento para mirarnos e mirar de entender os citados procesos e as súas consecuencias nos nosos corpos e na nosa forma de accionalos.
‘El desenterrador’ pon a mirada na palabra, na súa corpoloxía e na súa relación co corpo e a acción. Como o seu nome indica, é unha ferramenta que serve para desenterrar palabras en sentido real e figurado. A corpoloxía das palabras é aquela propiedade que tende non só de crear e sinalar o mundo físico, senón a de xerar un mundo ético, un sistema político e unha orde social.
É unha charla pautada e guiada por un experto onde, cunha serie de normas que os participantes van aprendendo e han de respectar, trataremos de desenterrar unha palabra determinada; e chegar entre todos ao “sentido” orixinal do valor a partir do cal se invita a traballar.
Ë no proceso conxunto de investigación deste significado profundo e orixinal da palabra onde, mediante este mecanismo de conversación regrada, aparecen os mecanismos, “sentidos”, contradicións e paradoxos da linguaxe e a palabra no seu uso común e compartido.
Toda a información do proxecto en https://eldesenterrador.com/
Os docentes
Sofía Asencio. Coreógrafa, intérprete e creadora, traballou durante 10 anos con diferentes compañías (Lanónima Imperial, Mudances, Vicente Saez, Cía ACTA e General Eléctrica) coas que realizou xiras tanto nacionaiss coma internacionaiss.
Desde o ano 2002 codirixe xunto con Tomas Aragay ‘La Societat Doctor Alonso’, onde é á vez dramaturga, coreógrafa e intérprete. Neste proxecto colaborou na creación dos espectáculos ‘Sobre la belleza’, ‘Shopping bread’, ‘Santa Sofía, el solo de una ignorante’, ‘Sobre la mort’, ‘El traspiés de Luisa’, ‘Volumen II’ , ‘Ramón 2108’ , ‘Ácido folclórico’ , ‘Club Fernando Pesoa’ ‘La naturaleza y su temblor’, ‘Introducción a la introducción’, ‘El desenterrador’, ‘Y los huesos hablaron’ e ‘Anarchy’. Nos últimos anos realizou tamén as súas propias creacións estreadas, entre outros, no Teatro Nacional de Cataluña e ademais colaborou con outros artistas e coreógrafos como Rosa Muñoz e Iva Horvat. Impartiu talleres para actores por todo o mundo e presentou a súa autobiografía profesional titulada ‘Huellas en la nieve’ e a mostra ‘El Camino de Nora’ centrada no traballo de improvisación. As súas experiencias profesionais publicáronse en The Actor's Way, editado por Erik Exe Christoffersen.
Tomás Aragay. Dramaturgo e actor, estudou Dirección Escénica e Dramaturxia no Instituto do Teatro de Barcelona. El 1996, xunto con Roger Bernat, funda o centro de creación General Elèctrica en Barcelona, desaparecida no 2000. No ano 2001 xunto a Sofia Asencio inicia unha nova aventura creativa, La Societat Doctor Alonso.
Tomàs Aragay ten formación teatral, pero desde a súa primeira peza ‘Cruza cuando el hombrecito esté en verde’ (1997) que creou con Laura Arís, Sofía Asencio e Nathalie Labiano e que obtivo o Primeiro Premio de Coreografía do XI Certame Coreográfico de Madrid, traballou con bailaríns.
No campo da formación Tomàs Aragay desenvolveu durante estes anos o seu traballo como pedagogo. Mantivo unha liña de investigación permanente focalizada, por un lado, en estudar as relacións entre as distintas armas expresivas que mestura nos seus espectáculos, movemento, palabra e música; e polo outro, en estudiar como integrar no intérprete/creador a conciencia do seu potencial creativo máis alá da técnica.
Así mesmo, desenvolveu xunto ao director cinematográfico Cesc Gay unha carreira como guionista. Creando os guións das películas ‘Krampack, ‘En la ciudad’ e a recentemente estreada “Ficció”. Foi finalista en dúas ocasións aos premios Goya ao mellor guión orixinal. É profesor de guión na ESCAC desde 2001.
Datas e duración:
20 de xullo, domingo, en horario de 16h a 19h. 3 horas
Lugar:
Club Artístico de Ribadavia. Rúa do Progreso, 12, 32400 Ribadavia, Ourense, MAPA
Prazas e selección do alumnado:
Este taller ten 25 prazas. A admisión realizarase por sorteo entre las persoas inscritas en caso de haber máis solicitudes ca prazas, constituíndo unha lista de espera de ser o caso.
Prezo:
Socixs AAAG e/ou AISGE: 40 euros
Socixs AAAG en paro: 35 euros (prezo exclusivo socixs da AAAG)
Non socixs: 50 euros
Inscrición:
Desde o 18 de xuño, mércores, ata o 15 de xullo, martes, ás 12h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina.
Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e pulsar “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Reserva de praza e forma de pago
Comunicarase a listaxe de admisión o martes 15 de xullo antes das 15. H. De haber máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera.
Para reservar a súa praza as persoas admitidas deberán facer o ingreso do 50% do custe do curso até o luns 14 de xullo ás 12 h. Este depósito non será reembolsable en caso de que a persoa admitida finalmente non faga o curso, agás excepto por causa xustificada. No caso de non facelo, a praza pasará a seguinte persoa na lista.
De non ter solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización deste taller.