Obradoiro "A danza das intencións" con Roberta Carreri. 2, 3 e 4 de Xullo / Cangas

Co patrocinio da Fundación AISGE e en colaboración coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas presentamos este taller coa actriz, docente e escritora Roberta Carreri

Presentación

O taller divídese en dous partes. A primeira parte concentrarase no adestramento físico do actor e no espertar da presenza do actor. A segunda parte centrarase no traballo coa voz, comprendendo exercicios que espertan a sonoridade da voz e desenvolven a capacidade de realizar accións vocais no espazo.

O obxectivo do taller é transmitir, nun período de tempo relativamente curto, a base dunha formación para actores que poida axudar aos intérpretes novos a descubrir a súa presenza escénica a través da exploración dun comportamento escénico formalizado e aos actores experimentados a proporcionar unha forma de liberarse do seu automatismo escénico, os seus propios clichés.

O taller centrarase na percepción da súa propia presenza en relación co espazo e cos outros actores no escenario e atopar formas de como un pode estar presente na acción que está a facer e ao mesmo tempo estar listo para reaccionar. O taller tamén se centrará en como atopar o eixo do seu corpo, como traballar coas "in-tensións" e de que maneira logramos unha inmobilidade dinámica. Exploraremos diferentes calidades de enerxía da mirada e aprenderemos a identificar diferentes puntos do corpo onde comeza o impulso que o levará a un polo espazo. Traballaremos coa creación de accións físicas e vocais, e como realizalas con diferentes calidades de enerxía. E finalmente o taller tamén se centrará no aspecto do adestramento vocal con varios resoadores corporais e as relacións entre as accións vocais e físicas.

A docente

Roberta Carreri naceu en 1953; Milán – Italia. Actriz, docente, escritora. Ten un grao en Deseño Publicitario e estudou Historia da arte na Universidade estatal de Milán. Incorporouse ao Odin Teatret en 1974 durante a estancia do grupo en Carpignano, ao sur de Italia.

Desde os seus inicios participou nas sesións da Escola Internacional de Antropoloxía Teatral (ISTA) e desde os anos oitenta estivo en contacto coas técnicas escénicas de países como Xapón, India, Bali e China. Isto influíu notablemente no seu desempeño como actriz e mestra. Estudou cos mestres xaponeses Katsuko Azuma (bailarina de Nihon Buyo), Natsu Nakajima e Kazuo Ohno (bailaríns de Butoh).

Organizou e dirixiu o Taller Internacional Anual da Odin Week Festival, en Holstebro (dende 1989 ata 2022). En 2016 dirixiu Nido Vacío con Carolina Pizarro (Odin Teatret) e Giulia Varotto (Teatro Regula); en 2014 A muller que cuspiu a mazá con Rosa Antuña para o Núcleo de Criaçao Rosa Antuña (Brasil); en 2009 Rumor con Cinzia Ciaramicoli para Masakini Theatre Company (Malasia); en 2023 Honey Badgers con Juraj Benko unha coprodución Juraj Benko/Nordisk Teaterlaboratorium.

O seu libro Tracce foi publicado en 2007 por Edizioni Il Principe Costante (Milano). En 2014 novamente foi publicada por Routledge (UK); en 2013 por El Apuntador Ediciones (Argentina); en 2012 por la Editora Perspectiva (Brasil), Edicciones Artezblai (España) e Triskel Artes Escénicas (Chile).

Os seus artigos foron incluídos nas revistas New Theatre Quarterly, Teatro e Storia, Máscara, The Open Page, Peripeti e Performance Research.

Impartiu talleres para actores por todo o mundo e presentou a súa autobiografía profesional titulada Pegadas na neve e a mostra O Camiño de Nora centrada sobre o traballo de improvisación. As súas experiencias profesionais, publicáronse en The Actor's Way, editado por Erik Exe Christoffersen.

Datas e duración:

2, 3 e 4 de xullo en horario de 10h a 14h. 12 horas

Lugar:

Sala de exposicións do Auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas. MAPA

Prazas e selección do alumnado:

Este taller ten 20 prazas activas e 5 de oíntes. A admisión realizarase por sorteo entre as persoas inscritas no caso de haber máis solicitudes que prazas, constituíndo unha lista de agarda de ser o caso.

Prezo:

Prazas activas:

Socixs AAAG y/o AISGE y/o A.C.Xiria e Alumnado Escola de Teatro de Cangas: 100 euros

Socixs AAAG en paro: 75 euros (prezo exclusivo para socixs da AAAG)

No socixs: 135 euros

Prazas de oíntes:

Socixs AAAG y/o AISGE y/o A.C.Xiria e Alumnado Escola de Teatro de Cangas: 50 euros

No socixs: 70 euros

Inscrición:

Desde o 3 de xuño, martes, ata o 17 de xuño, martes, ás 12h. a través do formulario que figura na parte superios desta páxina.

Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva de praza e forma de pago

Comunicarase a lista de admisión o martes 17 de xuño antes das 15h. De haber máis solicitudes que prazas se constituirá unha lista de espera. As persoas ás que se adxudique praza de oínte, formarán parte da lista de espera das prazas activas.

Para reservar a súa praza as persoas admitidas deberán facer o ingreso do 50% do custo do curso ata o luns 23 de xuño ás 12h. Este depósito non será reembolsable no caso de que a persoa admitida finalmente non faga o curso excepto por causa xustificada. Non caso de non facelo a praza pasará a seguinte persoa na lista.

De non ter solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do taller.