Presentación
Hoxe por hoxe converteuse nunha necesidade fundamental introducir nas escolas de ensinanzas artísticas a conciencia e as ferramentas de autocoidado individual e grupal que nos brindan os procesos de protocolos de consentimento. A súa integración, tanto nas aulas como no ámbito profesional, para actores, actrices, intérpretes, ofrecen unha ferramenta que coida a toda a comunidade.
Os protocolos de consentimento no ámbito artístico, xunto ao rol de coordinación de intimidade, xorden nos EUA e en Canadá hai uns oito anos, en Inglaterra hai cinco e en España, hai ano e medio. Nacen a partir do movemento #metoo pola necesidade de coidar a integridade física e emocional do equipo artístico: dirección, actores e actrices, tanto en cine, televisión como en teatro, nos ámbitos profesionais e educativos e previr abusos. Actualmente as plataformas máis importantes no noso país como Netflix, Amazon e Movistar demandan este rol nas súas producións.
Esta taller daralle continuidade o labor desenvolvido no seo da nosa Comisión, que entre outras cuestión se implicou nos últimos anos en iniciativas tan destacadas como a posta en marcha por parte de Escena Galega do Protocolo para a prevención e actuación en casos de acoso sexual, por razón de sexo e por razón de xénero nas artes escénica e musicais, subscrito por nove asociacións do sector
Metodoloxía
A sesión estará estruturada en dúas partes:
A) Protocolos de consentimento desde o rol de coordinación de intimidade en teatro e audiovisual.
O Rol de coordinación de intimidade: como xorde, como se desenvolve. Contexto feminista, movemento social. Qué son os protocolos de consentimento e como se elaboran. Qué é o consentimento no contexto artístico
B) MASTER CLASS. Como elaborar de protocolos de consentimento cando non hai coordinación de intimidade no proceso creativo: artes escénicas o audiovisual.
Cada taller está deseñado especificamente en base ao grupo ao que vai dirixido. Os talleres son vivenciais e prácticos. Con dinámicas específicas que nos permitan chegar aos obxectivos formulados. Inclúen material teórico-práctico para que a asistencia poida seguir poñendo en práctica as ferramentas traballadas.
Obxectivos
· Desenvolver e elaboración completa de protocolos de consentimento.
· Dar a coñecer o rol de coordinación de intimidade en toda a súa dimensión, ámbito educativo e profesional.
· Integrar o uso do consentimento en todos os roles implicados no proceso creativo: actores, actrices, dirección, dramaturxia, escenografía, vestiario.
· Coñecer e identificar as dinámicas de poder. Establecer límites: individuais-grupais. Identificar situacións de coacción.
· Descubrir os diferentes escenarios de situacións coercitivas nas que é difícil dicir: “non”.
· Fomentar a comunicación transversal nos procesos creativos: entre directores/as, actores/actrices e resto do equipo.
· Elaborar protocolos de consentimento acorde ás escenas que estean a traballar e tomar algunhas como exemplos para a práctica.
Contido e temas que abordaremos
· Que entendemos por consentimento?
· Tipos de Consentimento. Aplicación do consentimento no ámbito audiovisual e escénico.
· C.R.I.S.P. Os piares do consentimento, paso a paso.
· Examinar as maneiras nas que as dinámicas de poder afectan ao consentimento no espazo de traballo.
· Presentación do proceso da CNV: peticións vs esixencias.
· Xuízo vs Responsabilidade do propio: calquera xuízo de valor físico, psicolóxico, ou de calquera outra índole que dane.
· Identificar sentimento, necesidades: expresalos en forma de límites. Aplicar prácticas de límites baseadas no contexto particular. Asumir a responsabilidade dos meus sentimentos. Eu son a autoridade que coida da miña integridade física e emocional: autonomía, madurez e responsabilidade.
· Creación dun mapa de límites e necesidades a nivel individual e grupal.
· Dinámicas de respecto: Autoridade vs Poder
· Uso de barreiras físicas e prendas de modestia en cine, tv e teatro
Estar en conexión coas persoas que traballamos para darlle un enfoque humano á creación artística.
A docente, Andrea Isasi
Licenciada en Interpretación pola RESAD (2003), directora de casting, actriz e docente pedagoga. Certificada en Protocolos de Consentimentos para Artistas pola IDC (Intimacy directors and Coordinators) nos EUA.
Cunha bolsa do Ministerio de Cultura, viaxa a Nova York onde se especializa en técnicas psicofísicas e de composición: coa SITI Company dirixida por Anne Bogart na técnica View points e con Lenard Petit no Michael Chejov International Association en técnicas psicofísicas. Tamén en Gales e Inglaterra con Phillip Zarrilli continúa a súa formación en kalaripayak e técnica Michael Chejov. En Varsovia con W. Staniewski.
Formación continua en danza, técnicas corporais, máscara expresiva, máscara neutra, voz.
Realiza o Master de Investigación en prácticas escénicas e cultura visual (2011) dirixido por Jose Antonio Sánchez, cuxa sede é o Museo Reina Sofía- Universidade de Alcalá de Henares.
A partir do 2002 desenvolve a súa carreira artística como actriz, performer, video artista. As súas pezas son mostradas en Festival Video Danza BA de Bos Aires, Impulstanz de Vienna, Fringe Festival de San Francisco, Casa Encendida e Matadero de Madrid, entre outros. Na temporada 2011-2012 pasa a formar parte da dirección artística do Teatro de la Abadía. E como docente traballa en diferentes escolas en Madrid e México, tamén na ESAD de Vigo impartindo as materias de Performance, Interpretación e expresión corporal.
Formación en Psicoterapia integrativa (programa SAT) polo Dr. Claudio Naranjo. Pedagogía Waldorf. Instructora de Mindfulness (MBTB). CNV (Comunicación non violenta). Psicoterapia Gestalt. Actualmente colabora con la Escuela de Teatro Gestalt La Canoa de Papel e dedica a maior parte do tempo a impartir formación en diferentes áreas desde o enfoque creativo, educación sexo-afectiva, protocolos de consentimento desde a coordinación de intimidade en escolas de artes escénicas e dirección de casting (traballo que desempeña desde o 2003) con directores como Daniel Sánchez Arévalo, Dionisio Naranjo ou Yolanda Centeno.
Datas e duración:
luns 30 de setembro. de 16h a 21h cun descanso.
Lugar:
Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. MAPA
Prazas e selección do alumnado:
Este taller ten 28 prazas. De haber máis solicitudes que prazas a selección farase por sorteo entre as persoas inscritas.
Inscrición:
Dende o 16 ao 26 setembro, xoves, mediante o formulario que figura na parte superior desta páxina.
Se es membro da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Prezo:
Socixs AAAG e/ou AISGE: 40 euros
Se levas en paro 6 meses ou traballaches 10 días ou menos nese tempo, o prezo será de 25 euros. Terás que presentar documentación que xustifique a situación para acceder a este desconto, exclusivo para o corpo asociativo da AAAG
Non socixs: 65 euros
Reserva de praza e forma de pago
Comunicarase a lista de admisión o venres 27 de setembro. De rexistrarse máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de agarda o que será así mesmo comunicado. Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e data de pagamento.De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do taller.