Obradoiro de voz con María Costas

Etiquetas:

Co inestimable patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Fundación SGAE e da Agadic-Xunta de Galicia presentamos este obradoiro no que procuraremos estratexias para facer a nosa voz máis sonora dun xeito san e sostible.

1, 2, 9 e 10 de decembro en Santiago de Compostela

Presentación

Volume e proxección non son a mesma cousa. A maior parte das veces cando queremos encher un gran espazo coa nosa voz simplemente berramos. Pero dar volume berrando ten unhas implicacións emocionais e expresivas que non sempre se axustan á intención ou interpretación desexada. Por exemplo, se cun texto ou canción queres expresar calma ou alegría, e para subir o volume berras, a mensaxe será contraditoria e confusa.

Se algo é cómodo e fácil de executar deixa espazo á interpretación veraz, e non distrae da intención e obxectivo prioritario. O que fai que a voz chegue lonxe e non perda contido harmónico nin calidade, é o equilibrio entre volume e sonoridade. É dicir, que a voz non ten porque perder brillo, corpo, estabilidade, consistencia, nin restar calidade á dicción. Todos eses elementos entrelazados son o que se denomina proxección.

Contido

Para poder atopar ese equilibrio é importante ubicar o traballo onde corresponde para crear estabilidade, e que poidan liberarse os elementos que son máis fráxiles, máis febles, que deben estar dispoñibles para o movemento. Neste curso exploraremos experiencialmente cales son eses elementos, onde están e como se relacionan entre si da maneira máis funcional e eficiente posible. Tamén exploraremos a fascinante coreografía dos distintos elementos vocais, que se coordinan e organizan para producir os diferentes timbres, porque cada emoción ten o seu son.

O código facial, a disposición corporal que non contradiga a emoción, a coherencia do son resultante. Crearemos procesos nos que usaremos a atención e uns movementos agradables e pequenos que conseguen grandes cambios. Descubriremos patróns máis eficaces, estratexias máis seguras, recuperando o pracer de alzar a voz e dicir ou cantar o que queremos como queremos.

María Costas

Nacida en Vigo, con formación en danza, interpretación e canto. Comezo da actividade profesional no teatro como fundadora de Teatro Artello e continúa con colaboracións con Teatro de Ningures, participación en Galicia Caníbal, O musical, e nos últimos espectáculos de Excéntricas e Aporía Escénica. Cantante profisional en diferentes formacións: Club Naval, Bloody Mary, Orquestra da TVG... Actualmente autora e cantante en Antilia. Presentadora de televisión ocasional, no audiovisual actriz en series da Tvg como Casa Manola, Serramoura, El desorden que dejas, O sabor das Margaridas 2... No cinema Dhogs, A illa das mentiras, María Solinha. Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina de reparto en 2018 por Dhogs.

Datas e duración:

1, 2, 9 e 10 de decembro de 2021 en horario de 10h a 14h. (16 horas)

Lugar:

Días 1 e 2 na Sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela. Rúa das Salvadas 2A. http://goo.gl/maps/LO3pb

Días 9 e 10 na sala 1 da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Monte Gaiás s/n. https://goo.gl/maps/ruv26CyXxEvboaTr6

Prazas e selección do alumnado:

Este obradoiro ten 15 prazas. A admisión realizarase por orde de inscrición.

O alumnado deberá asistir con roupa cómoda, unha esteira ou manta e unha prenda de abrigo.

Prezo:

Socixs da AAAG e /ou AISGE: 50 euros

Se levas en paro 6 meses o traballaches 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vida laboral para acceder a este desconto. Este desconto é exclusivamente para asociadxs.

Non socixs: 75 euros

Inscrición:

Dende o 16 ata o 29 de novembro a través do formulario que figura na parte superior desta páxina .

Se es socix da AAAG, só tes que iniciar sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O taller aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.

Reserva de praza e forma de pago

Confirmarase a dispoñibilidade de prazas no momento da inscrición. De haber máis solicitudes que prazas se constituirá unha lista de agarda.

Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pago. No caso de que algunha das persoas admitidas non efectúe o pago nas datas sinaladas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.

De non ter solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do taller.