
Introdución
Neste taller o actor/actriz ten a oportunidade de explorar os propios recursos, facerse consciente da personaxe que cada un utiliza a cotío, traspasala, e así profundar no coñecemento de sí mesmo e dos propios límites.
Obxectivos
Conectar co potencial creativo e a propia forza a través dos arquetipos. Descubrir cales predominan en cada un de nós e cales nos gustaría desenvolver: O Heroe, a Vítima, a Nai, o Diaño, Diana Cazadora, a Virxe, o Neno, o Tramposo, o Iluminado e o Simple. Cada un ten un misterio, unha enerxía. E ti, cal cres que non es?.
Sistema de traballo
Baseado na técnica de Michel Chejov no que se refire ao xesto psicolóxico (xesto físico+frase): cada arquetipo ten un centro de enerxía onde te colocas e de onde xurde a vida da personaxe (voz, ritmo, e movemento), por exemplo, no heroe o centro sería o peito. Por outro lado ten cada un o seu disparador, frase clave para atopar o arquetipo e no caso do heroe sería “Claro que podo”. Unimos así corpo e mente.
Trátase de explorar os nosos talentos e ir integrando eses novos matices que irán xurdindo ao longo do proceso.
Adestramento útil para a interpretación e o autocoñecemento.
Nekane Fernández
Doutora en Teatro e Expresión corporal pola UDC. Psicóloga e actriz.
Fórmase en diferentes cursos de Interpretación ante a cámara con directores de cine como Mariano Barroso ou Jaime Chávarri; de teatro como Claude Boucheval, Jacques Nichet, Helena Pimenta ou Johnn Wright. En clown da man de Johny Melville, Philippe Gaulier ou Elliot. En cabaret, técnica vocal e clown terapéutico con diferentes mestres.
Traballa como actriz en compañías como o CDG, Chévere, ou Contracontos.
No audiovisual participa en series da TVG como Rías Baixas ou Padre Casares.
Ten 20 anos de experiencia como formadora en Teatro e Clown para nen@s e adultos, especializándose no traballo con Arquetipos para actores en non actores.
Actualmente participa nos previos da formación de Terapia Gestalt na escola Guibor impartindo o módulo de Teatro.
Datas e duración: sábado 24 de agosto de 10h a 20h (2 horas de parada para comer) e domingo 25 de 10h a 14h. 12 horas
Lugar: Auditorio municipal do Carballiño https://goo.gl/maps/ebERLRwhNi42
Inscrición:
Desde o 1 de xullo ata o 13 de agosto ás 15h. a través do formulario que figura na parte superior desta páxina
Se es socix da AAAG, só tes que iniciar a túa sesión na páxina e premer “inscribirme” no formulario. O obradoiro aparecerá no apartado “inscricións” do teu espazo privado.
Prazas e selección do alumnado:
Este obradoiro ten 14 prazas. A admisión no obradoiro farase por orde de inscrición.
Prezo: 40 euros
Se levas no paro 6 meses ou traballastes 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Terás que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da túa vida laboral para accederes a este desconto. Este desconto é exclusivo para socixs da AAAG e/ou AISGE:
Reserva praza e forma de pago
Comunicarase a listaxe de admisión o 14 de agosto. De haber máis solicitudes que prazas, constituirase unha lista de espera.
Na mesma comunicación de admisión indicarase a forma e datas de pagamento. No caso de que algunha das persoas admitidas non o efectúe nas datas indicadas, a súa praza será adxudicada á seguinte persoa na lista.
De non acadar solicitudes suficientes, a organización poderá suspender a realización do obradoiro.