Curso trimestral de adestramento para actores e actrices profesionais. Impartido por Fernando Tato

Coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, presentamos este obradoiro de 48 horas de duración repartidas en 3 fins de semana.

Cada sesión constará de dúas partes e en ambas as dúas a utilización da música é un elemento esencial. A primeira parte é de adestramento actoral e a segunda de traballo con texto e escenas. Obradoiro práctico, onde se traballará a autonomía, a preparación, a técnica, a improvisación, a creación de personaxes en escenas, monólogos e secuencias. A metodoloxía do docente baséase no aprendido en máis de 10 anos de formación continua con diferentes mestres e técnicas, pero fundamentalmente na colaboración de máis de 6 anos coa mestra Lorena García de las Bayonas.

O docente

Licenciado en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente formouse durante catro anos no estudo de Lorena García de las Bayonas en Madrid. Protagonizou a serie diaria “O Faro” da FORTA, e ten participado noutras series para a TVG como “Libro de Familia” ou “Matalobos”, e en series estatais como “Pulsaciones”, para Antena3 ou “Reinas” para TVE. Na súa faceta como músico, publicou o seu primeiro disco en solitario “El animal en mí” no ano 2015.

Datas e duración:

Obradoiro de 48 horas duración repartidas en 3 fins de semana, sábado e domingo, en horario de 10h a 14 h e de 16h a 20h os días 7 e 8 de outubro, 4 e 5 de novembro e 2e 3 de decembro.

Lugar:

Centro Ágora, Lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña

https://goo.gl/maps/SmLpkEfL2F52

Prazas e selección de candidatos:

Este obradoiro ten 14 prazas activas máis 2 de oíntes. A selección de participantes será por currículo. As prazas de oíntes están enfocadas a intérpretes con menos experiencia, directores, etc... participarían en todo o adestramento exactamente igual que os activos pero sen traballo ao frente cos monólogos ou as escenas.

A lista de admisión no obradoiro comunicarase o venres 29 de setembro.

Prezo:

Prazas activas: 150 € para socixs da AAAG e/ou AISGE. 250 € non socixs.

Se levas no paro 6 meses ou traballastes 10 días ou menos nese tempo, tes unha redución do 50% no prezo. Teredes que presentar a tarxeta do paro selada ou copia da vosa vida laboral para accederdes a este desconto.

Prazas oíntes 75 € socixs/125 € non socixs.

Inscrición:

Do 8/09/2017 ao 25/09/2017 ás 15:00h, cumprimentando o formulario que aparece na cabeceira desta páxina

No caso de non acadar solicitudes suficientes a organización poderá suspender a realización do obradoiro, reintegrando os pagos feitos de ser o caso.