Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da Fundación SGAE, presentamos este taller dirixido a actrices, actores, directoras, directores, guionistas e, en xeral, a todas as persoas que participan nunha produción audiovisual ou de artes vivas.
Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Traballamos pola defensa e reivindicación dos intereses da nosa profesión na orde cultural, social e laboral. Asóciate
Novas e actividades
A AAAG, entre as 40 entidades que rexistran no Parlamento a Iniciativa Lexislativa Popular 'Liberemos a Galega!'
Corenta entidades agrupadas na plataforma Por unha CRTVG ao servizo do pobo, na que se atopa integrada a a AAAG, presentou no Parlamento de Galicia unha iniciativa Lexislativa Popular, (ILP) Liberemos a Galega!, que ten como obxectivo garantir por lei o pluralismo no ente, a defensa da identidade e a lingua galega, así como a promoción da igualdade.
Obradoiro de voz con Núria Inglada Cardona, profesora de voz do Centre Artistique International Roy Hart Theatre. 18, 19 e 20 de Outubro / Vigo
Co patrocinio da fundación AISGE, presentamos este obradoiro dirixido a toda persoa que queira facer unha exploración atenta da súa voz, con ganas de xogar e investigar as súas posibilidades.
Impro para actrices e actores con Antón Coucheiro. 28 e 29 de setembro / Santiago de Compostela
Co patrocinio da Fundación AISGE e a colaboración da fundación SGAE, presentamos este taller de impro para actores e actrices, aberto a profesionais doutras artes escénícas.
A impro é teatro, outra forma de facer teatro. Unha disciplina artística na que se crean escenas de forma instantánea, sen texto escrito nin ensaios previos. Esas historias improvisadas poden ser cómicas ou dramáticas, pero o obxectivo é que resulten emocionantes e memorables. Para iso, é necesario coñecer a técnica. Este curso é unha oportunidade para os actores e actrices que queiran practicar impro, adestrar a súa espontaneidade e aumentar a súa presencia escénica
O blog da AAAG
Carta aberta ás compañeiras de profesión sobre a situación actual
De esquecementos e rescates
A nosa compañeira e vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, envioulle unha carta ao director de 'El Correo Gallego' ao respecto da lamentable portada que este diario publico sobre Ernesto Chao e pide que a publiquemos na nosa web.