Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Traballamos pola defensa e reivindicación dos intereses da nosa profesión na orde cultural, social e laboral. Asóciate

Novas e actividades

  • Os XXVII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras

    >> ‘As que limpan’, de A Panadaría, faise con catro galardóns (espectáculo, dirección, actriz protagonista e texto orixinal) mentres que ‘O porco de pé’, de Producións Teatráis Excéntricas leva tres (adaptación-tradución, actor secundario e vestiario)

    >> ‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego, acada dous premios (dirección de movemento e espazo escénico), igual que ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro (actor protagonista e espazo sonoro), e ‘O deus do pop, de Diego Anido (iluminación e tamén dirección de movemento)

    >> ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro, gaña no apartado de mellor espectáculo infantil e ‘Xela contra o Dragón Traga-verbas’, na nova categoría de espectáculos de monicreques, obxectos e figuras animadas

  • Os XXVII Premios María Casares homenaxearán este xoves “os xéneros escénicos das marxes” e os “oficios invisibles” do teatro

    A gala conta cun elenco conformado por Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Arturo Cobas, Johanna Hesse, Álvaro Fitinho, Beatriz Rubio, Ezra Moreno e o propio Ptt, quen asina o guión xunto a Antón Coucheiro. Carlos Alonso encárgase tanto do vestiario coma da escenografía e NachoFaiaLar poralle música á gala dos María Casares

    A entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía Castro da Coruña este xoves e será emitida en directo a través da Canle de Youtube dos Premios a partir das 20.30 h nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=KujT3RncH8U&ab_channel=PremiosdeTeatroMar%C3%ADaCasares

  • Clara Gayo reivindica a escena como arte que “inclúe a diferenza, que evidencia a inxustiza e que acariña a nosa humanidade” no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro

    A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fai público o ‘Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro’, que cada ano encarga a unha persoa de recoñecido prestixio dentro da cultura do noso país para conmemorar o 27 de marzo

    Clara Gayo únese á longa lista de redactores/as do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, na que se inclúen sinaturas tan destacadas como son as de Aldao &Lado, Evaristo Calvo, Imma António, Fernando DaCosta, María Xosé Queizán ou Méndez Ferrín

  • Marcos Ptt dirixirá a gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares

    >> A gala conta cun elenco conformado por Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Arturo Cobas, Johanna Hesse, Álvaro Fitinho, Beatriz Rubio, Ezra Moreno e o propio Ptt, quen asina o guión xunto a Antón Coucheiro. Carlos Alonso encárgase tanto do vestiario coma da escenografía e NachoFaiaLar poralle música á gala dos María Casares

    >> A entrega dos galardóns celebrarase o xoves 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e será retransmitida por streaming a través da canle de Youtube da AAAG

Ver máis

O blog da AAAG

Ver máis