Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG amosa o seu apoio a Músicas ao Vivo tras as graves declaracións en sede parlamentaria do director da CRTVG
A AAAG trasládalles aos grupos parlamentarios a preocupación pola deriva administrativa do Centro Dramático Galego
A Asociación comunícalle aos grupos parlamentarios a necesidade de instar á Xunta de Galicia para que inicie un proceso para dotar ao Centro Dramático Galego dun marco legal e dunha autonomía real que permita o seu normal funcionamento
Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro 2019
Por Carlos Santiago
O dramaturgo e actor Carlos Santiago asina o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro
“Por unha banda, Carlos Santiago conta cunha longa traxectoria escénica, na que se combina con brillantez múltiples facetas do noso oficio. Pola outra, a AAAG quere reafirmar unha vez máis o seu apoio decidido a Carlos Santiago tras o acontecido despois de ler o pregón de entroido de Santiago de Compostela en 2018. Apoiamos a Carlos, poñemos en valor o seu traballo e, ao tempo, queremos subliñar tanto a nosa firme crenza coma a nosa máis clara defensa da liberdade de expresión e de creación artística”, sinala a Xunta Directiva.
As aulas de teatro universitario de Santiago e Ourense recibirán o Premio de Honra Marisa Soto na gala dos XXIII Premios María Casares
Con este galardón, recoñécese o inxente labor destas dúas aulas de teatro, auténticas canteiras para a nosa escena profesional dende as súas respectivas fundacións a comezos dos anos noventa do pasado século.
Un total de 12 espectáculos competirán como finalistas nos XXIII Premios de Teatro María Casares
>>'Commedia', de Contraproducións, con 12 finalistas; 'Divinas Palabras Revolution', do Centro Dramático Galego, con 7, e 'A leituga', de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas.
>> Estas tres montaxes disputaranse, ademais, o premio ao mellor espectáculo, mentres que 'Contos do recreo', de Redrum; 'PATAPATÚM', de Elefante Elegante' e 'A nena e o grilo máis aló', de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, competirán polo galardón de mellor obra infantil
Paula Pereira crea o novo trofeo dos Premios María Casares para substituír as xerras de Sargadelos
A Xunta Directiva da AAAG encargoulle o deseño á artista, ceramista e ilustradora Paula Pereira, cuxo traballo é tamén coñecido baixo a marca Cavalinho do Demo, tras consultar diversas propostas. Os novos trofeos entregaranse por vez primeira na gala dos María Casares, que se celebra este ano o xoves 21 de marzo na Coruña
David Rubín asina o cartel dos XXIII Premios de Teatro María Casares
A gala celebrarase o vindeiro xoves 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña e coñeceremos os finalistas das catorce categorías nos que se dividen os galardóns o 21 de febreiro na tradicional Festa de Finalistas