A dramaturga e actriz Imma António será a encargada de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatrodurante a gala dos XXI premios de Teatro María Casares. Deste xeito, Imma António subirá o vindeiro mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Un total de 13 espectáculos convértense en finalistas dos XXI Premios de Teatro María Casares
As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 galardóns, e ‘Eroski Paraíso’, de Chévere, que opta a 8. Pola súa banda, ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Voaxa e carmín, de ButacaZero, optan a 5 María Casares
A AAAG lamenta os atrancos que está a vivir a próxima produción do CDG e cuestiona o procedemento de selección do elenco imposto dende a Agadic
COMUNICADO DE PRENSA
A AAAG amosa a súa inquedanza pola escasa produción e a baixa contratación actoral que desenvolverá o Centro Dramático Galego en 2017
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quere amosar a súa inquedanza e decepción diante do anuncio realizado por parte do Centro Dramático Galego que, esta semana, presentou o conxunto da súa programación até o outubro de 2017 nun acto que contou coa presenza da directora do CDG, Fefa Noia, do conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do director da Agadic, Jacobo Sutil.
O CDG producirá en galego a Valle-Inclán en 2017
O CDG anuncia a súa programación dos próximos meses. Estreará o 31 de marzo unha produción que aglutinará dúas pezas de Valle-Inclán: 'As galas do defunto', dirixida por Tito Asorey, e 'A filla do capitán', dirixida por Marta Pazos. A AAAG coordinará xunto ao CDG a actividade formativa que ofrecerá a institución o vindeiro curso.
O CDG e a asociación DramaturGA abordan a situación da escrita teatral galega nas xornadas Dramaturxente
O encontro reunirá máis de trinta relatores do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago para debater aspectos como a edición, acrítica, o texto fronte a ‘performance’, o teatro infantil, opapel da muller e as novas tendencias. A matrícula é gratuíta e o prazo de inscrición manterase aberto ata o día 6
O Observatorio de Igualdade das Artes Escénicas e Audiovisual de Galicia constitúese como unha ferramenta para intentar salvar a fenda laboral que sofren as mulleres nestes sectores
A súa función non só será analizar e avaliar a situación sociolaboral das profesionais destes ámbitos senón formular propostas concretas que propicien a igualdade real dirixidas a entidades públicas e privadas.
O Observatorio queda constituido por dez asociación que representan ao conxunto das actividades das artes escénicas e do auvisual de Galicia
A AAAG despídese da actriz e compañeira Dorotea Bárcena, pioneira da escena galega
A actriz formou parte da xeración que puxo en pé o teatro profesional en Galicia, foi a primeira muller en dirixir o CDG e exerceu de intérprete, dramaturga e directora
A AAAG lamenta a perda de Fran Pérez 'Narf'
A Xunta Directiva da AAAG lembra o músico e o seu traballo no mundo escénico, no que deixou fonda pegada ao poñerlle á música orixinal a un gran número de montaxes teatrais das compañías do país