O actor forma parte da xeración que puxo en pé o teatro profesional en Galicia, fundou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, foi o segundo director do CDG e desenvolveu unha das traxectorias de maior prestixio no noso oficio
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Presentación do Manifesto "O Cinema heroico galego" da Mesa pola Normalización Lingüística
Na presentación, que tivo lugar na véspera deste 25 de xullo, asistiron Nieves Rodríguez e Mabel Rivera, en representación da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
Crónica da primeira Escaramuza Artística: 'Ten cona o audiovisual galego?'
A AAAG iniciou o seu ciclo de encontros de debate cunha primeira sesión que contou coa participación de José María Besteiro, Olga Osorio, Noemi Chantada e Camila Bossa con Marta Veiga exercendo de moderado. A cita versou sobre o papel, o recoñecemento e o traballo das mulleres no sector.
'Ten cona o audiovisual galego?', primeira sesión do ciclo de encontros e debates 'Escaramuzas artísticas' da AAAG
A AAAG inicia o vindeiro mércores 30 de maio ás 20.00 horas na Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago un formato de debates abertos ao público que versarán sobre diferentes aspectos dos sectores escénico e audiovisual
O Festival de Cans celebra a súa décimo quinta edición entre o 23 e o 26 de maio
O Festival conta coa participación de preto dun cento de realizadores e realizadoras. Entre os coloquios e encontros, destacan referentes como Fernando Trueba e Gracia Querejeta. Ademais, os Encontros de Aisge contará coa participación de Berta Ojea, Tamara Canosa, Isabel Blanco, Nieves de Medina, Manuel Lourenzo, Pilar Pereira, Mariana Carballal ou Nieves Rodríguez, presidenta da AAAG
A AAAG reivindica o inxente labor do programa Diario Cultural e lembra as funcións de servizo público da Radio Galega e da TVG
A AAAG solicita os responsables da Radio Galega que recapaciten, recúen nesta inxustificable decisión, conserven o Diario Cultural e aposten verdadeiramente pola visibilidade da nosa cultura, obriga do ente público que está lonxe de cumprirse
Presenza feminina. Máis e mellor.
A longametraxe Dhogs acapara 17 candidaturas nos Mestre Mateo
A estación violenta, Juana de Vega, vizcondesa do arado, Os fillos do sol e Trinta lumes e máis as series O final do camiño e Serramoura acaparan gran número de finalistas. Melania Cruz, Nerea Barros, Sabela Arán e Sonia Castelo aspiran ao premio de mellor interpretación feminna. Pola súa banda, Iván Marcos, Alberto Rolán, Federico Pérez e Javier Rey optan na categoría masculina. Nieves Rodríguez, presidenta da AAAG, opta ao premio de mellor comunicadora.
AISGE ponlle cifras á desigualdade: tan só o 38% dos personaxes do cine feito no estado son mulleres
O departamento de Socios de AISGE publica un estudo sobre os desequilibrios entre homes e mulleres no audiovisual estatal. Baixo o título Estudio sobre la presencia de la mujer en las producciones españolas de ficción (2014-2015), o informe extrae datos estatístico tras analizar 301.912 personaxes masculinos e femininos dos 394 filmes e 16.377 episodios de series españolas emitidos nos tres últimos anos