A última cita deste ciclo de debates deste 2018 celebrarase o vindeiro mércores ás 20.00 horas na Lasso-Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago. O encontro estará moderado polo xornalista Ángel Suanzes e contará coa participación de María Yáñez, Marta Pérez Pereiro e Eloy Domínguez Serén
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG únese ás críticas e a campaña de AAPV fronte a sentenza que rebaixa a condena a un agresor sexual porque a vítima tivo experiencia de teatro na escola
A AAAG, asociación sindical que aglutina a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica de Galicia, únese a Actors i Actrius Profesionals Valencians (AAPV) nas súas críticas á sentenza emitida pola Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Valencia.
A AAAG reafirma o seu pleno apoio a Iria Pinheiro
Sobre a desestimación da demanda de Iria Pinheiro
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia lamenta o falecemento de Xan Cejudo
AAAG amosa o seu apoio á comunidade educativa da ESAD e secunda as súas reivindicacións de equiparación á formación superior e fronte aos recortes no profesorado
Volve o ciclo de debates 'Escaramuzas artísticas' cunha nova sesión titulada 'O cinema documental na Galiza: O legado de Carlos Velo'
A nova cita deste ciclo de debates celebrarase o vindeiro mércores 26 de setembro ás 20.00 horas naLasso-Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago e centrarase noxénero documental. Estará moderada pola xornalista Montse Dopico econtará coa participación da cineasta e académica Margarita Ledo,da directora Jaione Camborda e do realizador e director doCurtocircuíto, Pela del Álamo
A ESAD de Galicia denuncia os recortes da Consellería de Educación
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia difunde e apoia o comunicado remitido polo claustro de profesores e os representantes do alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Comunicado de apoio á manifestación a prol dos medios públicos
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) súmase ao Comunicado de apoio á manifestación a prol dos medios públicos, que terá lugar mañá sábado 8 de setembro que, organizada polos Comités de empresa de CRTVG e TVE-Galicia, partirá ás 10.30 h. das instalacións das televisións públicas en San Marcos e rematará en Praterías.