Coa publicación, hoxe, mércores 11 de xaneiro, no BOE da Real Decreto-lei 1/2023 de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas, recóllese no punto catorce súa disposición final cuarta unha prestación de desemprego especial para os traballadores da cultura adaptada ás súas especialidades de contratación, a intermitencia, que permitirá encher ocos e ter vidas laborais completas que permitan un acceso a pensións de xubilación dignas.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Lectura Dramatizada "Bailar no ceo"
O martes 10 de xaneiro, ás 20h, no Salón Teatro de Santiago de Compostela, levaremos a escena en formato lectura o texto de Ana Abad de Larriva
A AAAG convoca os XXVII Premios de Teatro María Casares, renova as bases dos galardóns e modifica as súas categorías
A inscrición desta edición abre hoxe, mércores 14 de decembro. As compañías teñen até o 9 de xaneiro para presentar os seus espectáculos aos 16 galardóns nos que se dividen a partir de agora os María Casares
Créanse os apartados de mellor dirección de movemento e mellor espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. O premio á escenografía convértese en mellor espazo escénico e o galardón á música orixinal, en espazo sonoro
O marabilloso mundo do Estatuto do Artista
O sábado 3 de decembro, entre as 11:30h e as 14h na sede da SGAE de Santiago de Compostela, a AAAG xunto a ConArte (Confederación de Artistas Traballadores do Espectáculo) convídavos a visitar o marabilloso mundo do Estatuto do Artista coa inestimable colaboración da Fundación SGAE.
Presentación do Estatuto do Artista no Culturgal
Baixo o título “Introdución ao estatuto do Artista”, faremos unha primeira aproximación ao estatuto cunha charla da avogada Sara Mora e un tempo para preguntas da asistencia o sábado 26 ás 18h.
Convocatoria de manifestación en defensa da CRTVG
O Comité Intercentros dos medios públicos e máis de 30 organizacións do país chaman á cidadanía a tomar as rúas de Compostela para rescatar a TVG e a RG do secuestro do executivo galego
O Concello da Coruña inicia o vindeiro martes no Kiosko Alfonso a gravación ao vivo dun ‘podcast’ sobre a vida de María Casares coa colaboración da AAAG
>>Os martes 5, 12 e 19 de xullo celebraranse as sesións de gravación, que serán abertas ao público. Nelas percorrerase a vida da actriz grazas á condución de María Lopo e ás lecturas das intérpretes Cora Velasco, Rebeca Solla e María Francelina
>>Este sábado, 2 de xullo, celebrarase a segunda quenda do roteiro sobre a figura da actriz conducido por Emilio Grandío e a propio Lopo. No itinerario participarán os intérpretes Gonzalo Uriarte e Matilde Blanco
Formularios de inscrición para os roteiros María Casares: A súa infancia na Coruña
Os 18 de xuño e o 2 de xullo colaboramos co Concello da Coruña na organización de dous roteiros por lugares significativos da infancia da actriz na cidade
O Concello da Coruña convoca un roteiro sobre a figura de María Casares e a gravación dun podcast sobre a vida da actriz coa colaboración da AAAG
O historiador Emilio Grandío e a investigadora María Lopo guiarán a ruta urbana os sábados 18 de xuño e 2 de xullo. Matilde Blanco e Gonzalo Uriarte lerán textos da propia María Casares e de Casares Quiroga
Os martes 5, 12 e 19 de xullo o Kiosco Alfonso acollerá sesións de gravacións dun podcast abertas ao público nas que se percorrerá a vida da actriz grazas á condución de María Lopo e as lecturas de actrices