Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Evaristo Calvo era presidente entre os anos 1996 e 1997. Naquela altura, decidiuse crear os Premios de Teatro María Casares e o 27 de marzo de 1997 celebrouse a primeira gala dos galardóns do teatro. O premio de honra recibiuno Agustín Magán e Suso de Toro leu o primeiro Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Evaristo lembra o proceso de como naceron os premios. Asinado o III Convenio do Audiovisual estatal
Hoxe asinamos o III Convenio de Audiovisual, que regula as relacións laborais dos actores e actrices do sector audiovisual en todo o estado e que inclúe tamén o sector da publicidade.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XX Premios de Teatro María Casares
O prazo para a inscrición de espectáculos abre este martes 22 de decembro e pechará o próximo 11 de xaneiro. Poderán concorrer todas as producións de actor en lingua galega estreadas ao longo do ano 2015
Fefa Noia, nova directora do Centro Dramático Galego
O Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acordou a contratación da compostelá Fefa Noia (María José Noya Ansede) para a cobertura do posto de coordinación do departamento de Produción Teatral, que inclúe, entre outras funcións, a de dirixir o Centro Dramático Galego.
O LAV016 abre o prazo de inscrición para os seus obradoiros en formación audiovisual
A formación estará a cargo de recoñecidos profesionais como Mariana Carballal, Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, Xoan Escudero, Jorge Coira, Xacobo Castro
A AAAG renova no seu 30º aniversario a súa web, o catálogo e crea unha base de datos dos María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fundada en 1985 completa trinta anos de traballo en prol da profesionalización e visibilización dos intérpretes no sector teatral e audiovisual
Trinta anos de asociacionismo no sector
Na primavera de 1985 nacía a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Iniciaba con ela o asociacionismo no ámbito das Artes Escénicas no noso país, un fenómeno impulsado por un grupo de pioneiros e pioneiras que puxeron os alicerces para un grande edificio para o noso sector. Un edificio en permanente construción, de medra constante malia todo altibaixo
Lecturas dramatizadas en colaboración coa Fundación SGAE
Por iniciativa do Consello Territorial da SGAE en Galicia, a AAAG en colaboración coa Fundación SGAE organiza dúas lecturas dramatizadas en Santiago de Compostela.
Vídeo XXX Aniversario