Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
As galegas Andrea Bayer, Ánxeles Cuña e Nate Borrajo, entre as candidatas aos XIX Premios Max
Un total de 111 espectáculos dos 235 inscritos foron seleccionados para participar como candidatos na XIX edición dos Premios Max das Artes Escénicas
Comunicado conxunto das asociacións do sector escénico e audiovisual sobre a detención dos titeriteiros en Madrid
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), a Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Festivais de Artes Escénicas de Galicia (AFEARTE), a Asociación de directores e Realizadores (CREA) e a Unión Internacional de Marionetistas-Galicia (UNIMA Galicia) queren amosar a súa solidariedade cos dous compañeiros da compañía de Títeres desde Abajo –detidos, acusados de enaltecemento do terrorismo e enviados a prisión preventiva– por unha actuación –La bruja y don Cristóbal– desenvolvida no marco das Celebracións do Antroido de Madrid.
Dez cineastas e unha ducia de filmes multipremiados encherán Sarria do mellor cinema galego
Alberte Branco dirixe a 1ª Escolma de Cinema Galego en Sarria, que terá lugar os días 26, 27 e 28 e será de acceso libre e gratuíto
Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais inscríbense nos XX Premios de Teatro María Casares
Lectura dramatizada de "O Aniversario" de Diego Ameixeiras
Artur Trillo dirixirá en escena a Morris, Nacho Castaño e Monti Castiñeiras o vindeiro 28 de xaneiro
Xuntanza entre a AAAG e a Deputación da Coruña sobre o XX aniversario dos Premios María Casares
A vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, reúnese con Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, para buscar vías de colaboración ao redor da efeméride
O Festival de Cans abre convocatoria de envío de curtas e clips e estrea a súa páxina web
O Festival estrea a súa nova web, con contidos de acceso máis áxil e cerca de 40 horas de contidos audiovisuais xerados desde a primeira edición
Cía Floristería, Ibuprofeno, Teatro do Noroeste, Berrobambán e Excéntricas estrean neste xaneiro
Repasamos as novas montaxes que chegarán ao longo deste primeiro mes do ano