O sábado 9 de xullo celebrarase as XVI Xornadas Mulleres en Acción baixo o título O segundo sexo na cultura. No encontro participará a AAAG, xunto a Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a propia Mostra. O pregón de Marián Bañobre deste venres servirá de inauguración á Mostra.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A MIT de Ribadavia ofrecerá un total de 20 montaxes entre o 16 e 24 de xullo
A MIT de Ribadavia, que fortalece a súa dimensión internacional, concede un especial protagonismo á mirada en femino da escena e atopa na memoria, a violencia e a arte os eixos temáticos da súa programación
Comunicado conxunto da AAAG, AGAG, CREA, OAG, AGAPI, AISGE e AGA sobre a situación do CGAI
Comunicado conxunto da Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe.
Repasamos as claves do novo Convenio do Audiovisual tras a visita de Sara Mora
A AAAG organizou o pasado mércores un encontro entre xs socixs e Sara Mora, avogada do equipo asesoramento laboral da asociación, co obxectivo de dar a coñecer as principais mudanzas que implica o III Convenio Colectivo Estatal do Audiovisual, cuxo texto saíu publicado no BOE o 16 de maio e que xa podes consultar integramente na nosa páxina web.
Encontro con Sara Mora: O Novo Convenio do Audiovisual
O próximo 18 de maio ás 18.00 horas, na sede da AAAG (Edificio SGAE, Rúa Salvada, 2A. Santiago) celebraremos un encontro coa avogada e asesora laboral da Asociación, Sara Mora. Será unha sesión na que se nos achegará información ao respecto do novo Convenio do Audiovisual.
“Desde Galiza e desde Portugal devemos começar projetos em comum e empenhar-nos nessa relação”
O passado fim de semana, o diretor teatral, ator e professor Nuno M. Cardoso (Porto, 1973) ofereceu um curso de formação para a AAAG. Baixo o título Laboratório (texto e performance), Cardoso desenvolveu uma série de sessões nas que xs participantxs se achegaram de um jeito diferente ao texto dramático, analisando cada uma das suas vertentes e adquirindo novas ferramentas para enfrentar o processo interpretativo.
Un anteproxecto de lei consensuado para a "regularización e o progreso" das artes escénicas
A Comisión Redactora do Anteproxecto de Lei de Artes Escénicas, da que formamos parte a AAAG, presentou hoxe no parlamento un documento de quince páxinas e 36 artigos que deberá definir o futuro do desenvolvemento do sector escénico
Nace DRAMATURGA, a asociación das autoras e os autores dramáticos de Galicia
A Asociación presentouse no Salón Teatro nun acto en que se deu a coñecer o manifesto e a páxina web coa presenza de gran parte dos membros fundacionais.
'O tempo das mareas': a "psicoxeografía" de María Casares
A investigadora María Lopo presentou o 14 de abril na Casa Museo Casares Quiroga o seu libro 'O tempo das mareas', unha nova achega bibliográfica con fotografías e materiais descoñecidos sobre a actriz coruñesa