Dende o 24 de setembro até o 2 de outubro representaranse 24 espectáculos en diferentes teatros, salas e rúas de Santiago. Consulta a programación aquí
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
O FIOT celebra o seu 25º aniversario cunha edición de 34 espectáculos
O festival, que comeza este venres 23 de setembro, coproducirá O tolleito Inishmaan, dirixido por Cándido Pazó. Consulta aquí o programa completo
Nova xunta directiva da AAAG
O pasado domingo 11 de setembro, a Asemblea da AAAG elixiu unha nova xunta directiva. Estará encabezada como presidente por Ernesto Chao. Na Vicepresidencia contaremos con Mabel Rivera, e Iria Sobrado asumirá a Secretaría.
Despedimos ao noso compañeiro Paco Conesa
A Asociación lembra ao escenógrafo e figurinista, que faleceu o pasado 29 de agosto. Nome imprescindible do teatro, Conesa traballou coas principais compañías do país e acadou un total de cinco premios María Casares.
Anúnciase en Cangas a elaboración dun estudo da situación laboral das mulleres nas artes escénicas e no audiovisual
A posta en marcha deste pioneiro estudo sociolóxico, que contará coa implicación da Agadic, a Secretaría Xeral de Igualdade, a Secretaría Xeral de Cultura e o Consello da Cultura Galega, é produto do traballo e da colaboración da AAAG, Academia Galega do Audiovisual, Escena Galega e a Mostra de Cangas con Igualdade ao longo do último ano
Os colectivos audiovisuais convocan unha concentración contra o desmantelamento do CGAI
O mércores 13 de xullo ás 20.00 horas na porta do CGAI (Rúa Duran Loriga, 10 Baixo. A Coruña)
A Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas principia o venres cun programa que inclúe a Chévere, Matarile e Teatro del Barrio
O sábado 9 de xullo celebrarase as XVI Xornadas Mulleres en Acción baixo o título O segundo sexo na cultura. No encontro participará a AAAG, xunto a Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a propia Mostra. O pregón de Marián Bañobre deste venres servirá de inauguración á Mostra.
A MIT de Ribadavia ofrecerá un total de 20 montaxes entre o 16 e 24 de xullo
A MIT de Ribadavia, que fortalece a súa dimensión internacional, concede un especial protagonismo á mirada en femino da escena e atopa na memoria, a violencia e a arte os eixos temáticos da súa programación
Comunicado conxunto da AAAG, AGAG, CREA, OAG, AGAPI, AISGE e AGA sobre a situación do CGAI
Comunicado conxunto da Asociación de Actrices e Actores de Galicia, Asociación de Guionistas de Galicia, da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe.