O Diario Cultural, en colaboración coa AAAG, realizou un percorrido pola vida de María Casares a través da poesía que a acompañou ao longo dos anos e a súa propia voz, extraída da entrevista que a TVG lle fixo a actriz no programa XENTE NOSA.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
O Observatorio de Igualdade das Artes Escénicas e Audiovisual de Galicia constitúese como unha ferramenta para intentar salvar a fenda laboral que sofren as mulleres nestes sectores
A súa función non só será analizar e avaliar a situación sociolaboral das profesionais destes ámbitos senón formular propostas concretas que propicien a igualdade real dirixidas a entidades públicas e privadas.
O Observatorio queda constituido por dez asociación que representan ao conxunto das actividades das artes escénicas e do auvisual de Galicia
A AAAG despídese da actriz e compañeira Dorotea Bárcena, pioneira da escena galega
A actriz formou parte da xeración que puxo en pé o teatro profesional en Galicia, foi a primeira muller en dirixir o CDG e exerceu de intérprete, dramaturga e directora
O Festival Cineuropa e a AAAG lembran a María Casares no vixésimo aniversario do seu falecemento
O Salón Teatro acollerá mañá martes, día no que se cumpren vinte anos da súa morte, un ciclo especial coa proxección d'O testamento de Orfeo' e un coloquio sobre a súa figura histórica
María Casares en Cineuropa
O próximo 22 de novembro, cúmplense vinte anos do falecemento de María Casares. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e Cineuropa celebran un ciclo especial: Vinte anos sen María Casares.
A AAAG lamenta a perda de Fran Pérez 'Narf'
A Xunta Directiva da AAAG lembra o músico e o seu traballo no mundo escénico, no que deixou fonda pegada ao poñerlle á música orixinal a un gran número de montaxes teatrais das compañías do país
A Revista Galega de Teatro anova o equipo , o deseño e o seu nome
A cabeceira, Premio de Honra Marisa Soto 2016, presentará a súa nova andaina este xoves ás 20.30 horas na Sala Ártika de Vigo. A Revista Galega de Teatro chamarase a partir de agora 'erregueté'
Cineuropa proxectará máis de 200 película na súa trixésima edición
O festival, que se celebra en Santiago entre o 8 e o 27 de novembro, cumpre trinta anos de historia. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora este ano co festival nunha homenaxe a María Casares polo XX aniversario do seu falecemento
Convocan o X Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
O certame mantén aberto o prazo de envío de orixinais até o 18 de decembro. Establécense dous galardóns, o Premio do Xurado e o Premio da Audiencia, dotados cada un deles con 3.000 euros