A AAAG manifesta a inmensa gratitude por este recoñecemento, que chega dende un dos festivais de maior traxectoria dentro do circuíto de mostras escénicas de Galicia
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Protocolo para a prevención e actuación en casos de acoso sexual, por razón de sexo e por razón de xénero nas artes escénicas e musicais
AAAG, xunto a Escena Galega -que promoveu a iniciativa e conduciu o proceso de elaboración-, a Asociación Profesional de Circo de Galicia, Músicas ao vivo, PAM-Asociación Profesionais das Artes do Movemento de Galicia, AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Tesgal (Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo) e AGATEC (Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia); subscribe este protocolo ao consideralo un avance incuestionable no ámbito da igualdade.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXVIII Premios de Teatro María Casares
A inscrición abre hoxe, luns 11 de decembro. As compañías teñen até o 8 de xaneiro para presentar os seus espectáculos aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares tras a actualización das bases levada a cabo pola AAAG na pasada edición dos María Casares
Xornada Informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual: Aspectos legais
Xunto coa Associació d’Actors i Actrius, Directores i Directors Professional de Catalunya, organizamos unha sesión informativa sobre o Convenio colectivo do Audiovisual.
Comunicado das asociacións do sector audiovisual galego
Os días 9 e 10 de novembro de 2023, no marco do I Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA celebrada na Cidade das TIC da Coruña, tivo lugar unha xuntanza na que participamos representantes das asociacións do sector audiovisual galego
Xabarín xa!
Reclamamos que se cumpran os acordos acadados no Parlamento galego respecto á Iniciativa Xabarín, aprobados por unanimidade no 2021
Guía de compatibilidade da pensión de xubilación coa actividade artística
Comunicado das asociacións profesionais excluídas da xuntanza co Presidente da Xunta de Galicia
AGAG, CREA, AAAG e Proxecta manifestan o seu malestar por seren excluídas da reunión que mantivo o pasado 13 de xullo o presidente da Xunta de Galicia con parte do sector audiovisual.
A Academia Galega de Teatro concédelle o seu premio 2023 a Rosa Álvarez Cabo
A AGT xustifica este recoñecemento á artista "pola súa dilatada carreira, sempre na procura da excelencia artística, e o seu compromiso coa loita pola dignificación da profesión teatral, nomeadamente pola visibilización e posta en valor do rol da muller no teatro galego".