A AAAG insta á Consellería de Cultura a creación dunha comisión intersectorial nun prazo de 30 días para abordar o futuro do Centro Dramático Galego e os procedementos de escolla de actores e actrices, xa que o modelo de concurso público é inaplicable para a profesión e non se pode volver repetir
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A actriz e dramaturga Imma António lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro na gala dos María Casares
A dramaturga e actriz Imma António será a encargada de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatrodurante a gala dos XXI premios de Teatro María Casares. Deste xeito, Imma António subirá o vindeiro mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto
Un total de 13 espectáculos convértense en finalistas dos XXI Premios de Teatro María Casares
As obras que acaparan maior número de nomeacións son ‘O tolleito de Inishmaan’, de Contraproducións e FIOT Carballo, que aspira a 11 galardóns, e ‘Eroski Paraíso’, de Chévere, que opta a 8. Pola súa banda, ‘Raclette’, de Ibuprofeno Teatro, e ‘Voaxa e carmín, de ButacaZero, optan a 5 María Casares
Publicadas as novas táboas salariais do audiovisual para o 2017
O Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar as táboas salarias par ao ano 2017 do Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e actores
A AAAG anunciará os nomeados e nomeadas aos XXI Premios María Casares o mércores 1 de marzo
O Salón Teatro de Santiago acollerá o mércores 1 de marzo ás 20.30horas a tradicional Festa dos/as Nomeados/as, na que se anunciarános finalistas nas catorce categorías nos que se dividen os galardóns
A AAAG lamenta os atrancos que está a vivir a próxima produción do CDG e cuestiona o procedemento de selección do elenco imposto dende a Agadic
COMUNICADO DE PRENSA
Aberta até o 19 de febreiro a primeira rolda de votacións dos XXI Premios de Teatro María Casares
Un total de 44 espectáculos e máis de 400 profesionais concorren aos XXI Premios María Casares. O censo de votantes confórmanse por máis de 450 profesionais do sector escénico. O proceso de votación rematará o 19 de febreiro e del sairán os nomeados/as
Comeza o programa de formación permanente da AAAG con Jesús Aladrén e Víctor Duplá
A AAAG, coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, iniciou este luns os obradoiros trimestrais de voz, impartido por Jesús Aladrén, e de interpretación con Víctor Duplá.
Abre o prazo de inscrición para os XXI Premios de Teatro María Casares
O prazo para a inscrición de espectáculos abre este xoves 22 de decembro e pechará o próximo 11 de xaneiro. Poderán concorrer todas as producións de actor en lingua galega estreadas ao longo do ano 2016. O proceso realizarase en exclusiva a través da aplicación en liña incluída na web da AAAG. A gala celebrarase o 29 de marzo.