A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) apoia a asociación de Artistas da Dobrade (ADA) nas súas reivindicacións laborais e nas súas esixenicas para actualizar o convenio colectivo ded 2006. Compartimos o comunicado difundido esta mañá nunha rolda de prensa na que participou, ademais da xunta directiva de ADA, representantes dos sindicatos CIG, CC OO e UXT.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Sara Fandiño dirixirá a gala duns XXVIII Premios María Casares que homenaxearán o teatro musical
A gala conta cun elenco conformado por Alba Tojeiro, Germán Prenta, Iván López Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e Verónica Peiteado. A directora da gala e Alexandro González encárganse das composicións musicais
Un total de 19 espectáculos competirán como finalistas nos XXVIII Premios de Teatro María Casares
‘Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro, acada 9 finalistas e ‘Hamelin’, de Redrum Teatro, consegue 6. As obras do Centro Dramático Galego (CDG) ‘Shakespeare en Roma’ e ‘Un hotel de primeira sobre o río’ rexistran 5 finalistas, os mesmos que ‘O Auto do Castromil’, de Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co CDG
‘Unha inimiga do pobo’, ‘Hamelin’ e ‘O Auto de Castromil’ disputaranse os galardóns de mellor espectáculo e mellor dirección. O premio ao espectáculo infantil decidirase entre ‘Ándale! Bon apêttit!’, de Teatro Ghazafelhos; ‘Backstage’, de NegroLópez, e ‘Crisálida’, de Caramuxo Teatro
A ilustradora Paula Mayor asina o cartel dos XXVIII Premios de Teatro María Casares
A relación de finalistas deste 2024 coñecerase o próximo martes 20 de febreiro durante a Festa de Finalistas. Cris Collazo presentará o acto, que se celebrará na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia en Santiago
5º Informe sociolaboral de AISGE: só o 7% da profesión actoral supera os 30.000 euros anuais e o 77% ingresa menos de 12.000 ao ano
O informe tamén recolle datos sobre a brecha salarial: os ingresos anuais dos artistas masculinos son unn 40% máis elevados que os das súas compañeiras.
Charla informativa sobre a Seguridade Social e artistas
O vindeiro martes, 6 de febreiro, ás 16.30 horas, a AAAG ofrecerá no Edificio SGAE. Parque de Vista Alegre, 2A. Santiago de Compostela unha charla informativa ao respecto de diferentes aspectos que inflúen na vida laboral e nas prestacións de actores e actrices, así como de directores e directoras de escena.
Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribírense 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición
Mañá mércores ábrese a primeira quenda de votacións, que decidirán as propostas finalistas nas 16 categorías nas que se dividen os galardóns.
O censo de votantes está conformado por preto de 500 persoas do sector e inclúe o corpo asociativo da AAAG, finalistas e gañadoras de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas e outras figuras vencelladas á escena
Sarabela, Excéntricas, Talía ou Manekineko, entre as compañías que estrearán montaxes neste semestre
Tanto na dirección coma nos elencos destas novas producións atópanse membros da AAAG
A AAAG recibe o Premio de Honra Dorotea Bárcena do Fetega
Toni Salgado, vogal da Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), leu o seguinte discurso na recepción do galardón.