O pasado domingo 22 de setembro, ás 16:30h, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou Asemblea Xeral Extraordinaria na que @s soci@s da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. Deuse unha ampla renovación na dirección para asumir os moitos retos que lle agardan a AAAG nestes difíciles tempos para o gremio actoral.
A Xunta Directiva quedou integrada polos seguintes actores e actrices: Avelino González (Presidencia), Victoria Pérez (Vicepresidencia), Guillermo Carbajo (Secretaría), Álex Carro, Iria Pinheiro, Vicente De Souza, Marián Bañobre, Ricardo De Barreiro e Déborah Vukusic.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén desenvolvendo unha intensa e continuada actividade desde hai case 30 anos e esta nova Xunta Directiva xa se mergullou na xestión das diversas áreas de traballo trá-las súas reunións internas. Entre os temas máis inmediatos: abordar a organización da XVIII edición dos Premios de Teatro María Casares 2014, a captación de nov@s asociad@s e continuar coas súas actividades de defensa e promoción dos actores e actrices galegos.