Volver

Obradoiro “ A emoción a escena” impartido por Etelvino Vázquez

Etiquetas:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e o Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA) colaboran na organización deste obradoiro dirixido a Actores, Actrices e persoas interesadas polo teatro en xeral, co obxectivo de traballar sobre o uso da emoción en situación de representación que, evidentemente, é diferente á emoción na vida cotiá. Todo o traballo teatral será dende o punto de vista da emoción.

Metodoloxía: Será un traballo totalmente práctico, onde o traballo coas emocións farase de fora a dentro e de dentro a fora Contidos: a) Emoción sentida/ emoción resentida. b) Traballo cas emocións básicas: patrones posturais-respiratorios. c) Emocións mixtas. d) Entrenamiento emocional e) Traballo coa memoria sensorial e sensitiva f) Traballo con imaxes g) Secuencia emocional h) Improvisación emocional i) A emoción no texto.

Requerimentos: Ropa e calzado cómodos Lugar, data e duración: 28 e 29 de Xaneiro de 2012 no Centro Multifuncional do Carballiño como actividade complementaria ao Festival de Teatro Galego en horario de 10.30-14.30 e 15.30-19.30 cun total de 16 horas Prazas e selección de candidatos: Este curso ten 20 prazas. A selección farase tendo en conta o curriculum e a orde de inscrición. Haberá unha lista de espera e comunicarase o listado de admitidos unha vez finalizado o plazo de inscrición. Prezo : 40 euros socios da AAAG. 60 euros non socios. Inscrición e matrícula: Antes do 9 de Xaneiro de 2012 ás 15.00 h mediante presentación do formulario de inscrición anexo debidamente cuberto, adxuntando currículum , no mail info@aaag.es ou a través deste formulario Reserva de praza e pagamento: Os candidatos seleccionados deberán ingresar o importe del curso unha vez comunicada a súa aceptación, sempre antes do 13 de Xaneiro mediante transferencia bancaria na CC de NovaGalicia Banco 2080 0348 35 3040009198, indicando no concepto nome e apelidos e nome do curso.

O docente: ETELVINO VÁZQUEZ PÉREZ (1950 Lugones –Asturias)

Licenciado en Filoloxía Francesa pola Universidad de Oviedo e en Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática de Sevilla, formou parte do grupo Caterva de 1968 a 1977 e de Teatro Margen de 1978 a 1984. En 1985 creou a compañía Teatro del Norte e dende entón dirixiu todos os espectáculos da formación, nos que interviu tamén como actor, actuando en España e outros países. Como docente, impartiu seminarios en España, Portugal, Brasil, EE.UU. e Italia e de 1986 a 1996 foi mestre de interpretación no Instituto del Teatro de Asturias. Finalista dos Premios Max en 2001 por El caballero de Olmedo. Premio Max por Circulo como mellor espectáculo en lingua galega de 2003. Finalista dos Premios Max 2005 por El viejo celoso. Premio Max ao mellor espectáculo en lingua galega con Emigrados en 2008. Finalista con Emigrados dos premios Maria Casares en 2008. Premio ao mellor director de teatro profesional de Asturias na I Gala del Teatro Asturiano e en 2001 recoñeceuse toda a súa traxectoria profesional co Premio Asturias na II Gala del Teatro Asturiano. Dende 1999 organiza os “Encuentros en el Norte” e dende 2001 organiza os “Encuentros con Mujeres en Escena”, que todos os anos se celebran en Asturias.

Podedes ver o seu curriculo completo premendo aquí