Volver

Seminario experimental para a superación do Actor

Etiquetas:

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas colaboran na organización deste obradoiro a cargo do Grupo Laboratorio de Teatro El Rayo Misterioso (Argentina) co obxectivo de brindar un panorama sobre as posibilidades de xerar, a través do adestramento psicofísico, a creación dunha técnica propia, abordando a investigación e a experimentación teatral cun método práctico dirixido con espírito de laboratorio, presentando aos participantes o Método de Traballo do Grupo El Rayo Misterioso, e deste xeito, dar as ferramentas expresivas necesarias desde o punto de vista técnico, ético e dinámico. A modalidade técnica do Grupo está inspirada nos traballos de Constantin Stanislavski, Antonin Artaud, Jerzy Grotowski, e o aporte de 17 anos de investigación propia.

Coordinación: Aldo El-Jatib. Asistencia: María de los Ángeles Oliver e Hani El-Jatib

Contidos • Adestramento Actoral (Duración: 2 horas por Xornada):

Estimula e desenvolve os aspectos cognitivo, motor, rítmico e as destrezas de flexibilidade, equilibrio, axilidade, coordinación, forza e resistencia, e fundamentalmente adestra a disociación enerxética e motora, necesaria na preparación do Actor.

Bioenerxética: Acciona sobre o bloqueo e a defensa emotiva. Exercita a percepción da enerxía Corporal, a circulación polos centros enerxéticos e canais intravorticianos. Formas da Enerxía. Campos enerxéticos. Localización de centros e canais de circulación. Campo magnético humano. Respiración. Adestramento do Ki. Toma de Terra. Equilibrio da Enerxía corporal. A enerxía da Vida.

Expresividade: Centrándose na amplificación das capacidades expresivas do actor, desenvolve sentidos, sensacións, percepcións, o auto coñecemento, a emoción, a imaxinación, o son e o ritmo. Tensión/Relaxación. Equilibrio/Desequilibrio. Enerxía catártica. Eixo corporal. Puntos de apoio.

• Actuación (Interpretación) (Duración: 1 hora por Xornada):

A Atención. A Concentración. A Emoción. O Son. Transdución perceptiva. A percepción. A disciplina creativa. Acción/Reacción. O cotiá e o extra cotiá. A Presentación. Hixiene psíquica e Expresión. A experiencia extática e a catarse. Técnicas para o logro permanente da concentración e o sostén da Presenza Escénica en situación de rol e personaxe. Intervindo nas problemáticas expresivas e nas dificultades que xorden a partir do contacto con dramaturxias e accións extra cotiás.

• Ética y Estética Teatral (Teórico) (Duración: 1 hora por Jornada):

Orixes do Teatro: Natureza e cultura. Cerimonia. Hixiene e Catarse. Teatro e cultura. Misterios de Eleusis. Festas Dionisíacas. Orixes da traxedia. Semioloxía Teatral. A Linguaxe. Signo e Semiótica. O Símbolo. Significado. Significante. O Efecto Aglutinante. A Ética. O Actor. A Técnica. Concepto de Grupo. A Dinámica de Grupo. Estética Espectacular. Historia dos principais Grupos de Teatro: Métodos e espectáculos. A Ética como Construción da Dinámica. A Dinámica como construción da Estética. Formas de Produción e supervivencia. Proxección e Continuidade. O Teatro Contemporáneo. Correntes Teatrais: Liñas racionalista e irracional. Puntos de ruptura. Estrutura xeral: dinámica, técnica, ética, estética, espacio. Conceptos e aportes fundamentais do Teatro en xeneral: Alfred Jarry. André Antoine. Dadá. Surrealismo. Artaud. Craig. Brecht. Stanislavski . Absurdo. Strassberg. Grupos Laboratorio. Meyerhold. Living Theater. Grotowski. Barba. Comuna Baires. Kantor.

Docentes EL RAYO MISTERIOSO

Fundado e dirixido desde 1994 por Aldo El-Jatib, o Grupo Laboratorio de Teatro EL RAYO MISTERIOSO é unha Compañía de Teatro Independente. O seu obxectivo principal é atopar novas formas de expresión teatral e o desenvolvemento do nivel expresivo do actor. Con sede na cidade de Rosario, Arxentina, realiza un Proxecto Cultural con diversas actividades como produción de espectáculos, Talleres e Seminarios Internacionais de Teatro, Edición de Libros e Revistas especializados, Sala de Teatro e a organización anual dun Encontro Internacional de Grupos de Teatro. No seus 17 años de vida EL RAYO MISTERIOSO produciu 12 espectáculos, con más de 500 funcións no país e no exterior. Tres deles, “MUZ”, “RAM”, “LA CONSAGRACIÓN DE LAS FURIAS” presentáronse durante 5 Xiras Internacionais en cidades de Francia, España, Italia, Inglaterra, Austria, Croacia, Alemaña, México, Brasil e Ecuador con eloxiosos comentarios de público e crítica, pola súa linguaxe innovador e comprometido. No ano 2002 recibe o "Premio ARGENTORES 2002 Valioso Exemplo das Novas Tendencias Teatrais", da Sociedade Xeneral de Autores da Arxentina. Máis Información de toda a Actividade do Grupo en www.elrayomisterioso.org.ar/espanol

O Director: Aldo El-Jatib é actor, autor, pedagogo, director e investigador teatral. Despois de licenciarse na Escola Nacional de Arte Dramático de Bos Aires, funda e dirixe o TAIET (Taller de Investigación e Experimentación Teatral) durante dez anos. Ten ditado talleres, seminarios e conferencias en España, Francia, Italia, Alemaña, Croacia, México, Ecuador e, en Arxentina, recibiu a estudantes de máis de 15 países, así como dirixido varias publicacións teatrais e participado en diversos festivais de teatro en todo o mundo. É autor e director de producións como "Litófagas" (1985), "Rarg" (1991), "Cirujas" (1995), "Muz" (1997), "Ram" (2000), “Macchina Napoli” (2002) “La Consagración de las Furias” (2004), “Hamlet o la Ratonera” (2005) e “Dionisos Aut” (2009). Con dous libros publicados no seu haber, dirixe a Revista de Investigación Teatral "Teatro Truenos & Misterios". Actualmente é director do Festival Internacional “Experimenta Teatro” e traballa nun proxecto de investigación xunto ao Grupo Laboratorio de Teatro "EL RAYO MISTERIOSO" o cal dirixe desde a súa fundación en 1994.

Datas e duración 20 horas, do 9 ao 13 de xullo de 11.00 h a 15.00 h Lugar Auditorio Municipal de Cangas Avda de Lugo nº 25-27 36940 Cangas

Prazas 20

Prezo 75 Euros para socios de AAAG e/ou da A.C Xiria e alumnos da Escola Municipal de Cangas. No caso de non socios o importe será de 120 Euros Inscrición Do 30 de Maio ao 30 de Xuño , enviando o formulario de inscrición anexo debidamente cuberto e adxuntando currículum vitae ao buzón de correo info@aaag.es ou enchendo o formulario que sae abaixo . A organización comunicará a selección de candidatos antes do día 4 de Xullo, tendo que facer a reserva de praza ingresando o importe do curso antes do día 07 de Xullo. No caso de anulación da reserva por parte do alumno a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non se cubre Forma de pago Consultar o PDF adxunto