Volver

LINK Á RETRANSMISIÓN DOS XXV PREMIOS DE TEATRO MARIA CASARES

A gala dos XXV Premios de Teatro María Casares poderase seguir a través desta ligazón: https://youtu.be/iH4nIge18d8

A emisión comezará ás 20.15 h e a gala principiará ás 20.30 h.

A gala dos XXV Premios de Teatro María Casares poderase seguir a través desta ligazón: https://youtu.be/iH4nIge18d8

A emisión comezará ás 20.15 h e a gala principiará ás 20.30 h.

Unha gala interxeracional contra as distopías para revindicar a resistencia das artes escénicas e que servirá para festexar os encontros, a convivencia e todo aquilo que nos fai humanos. Así será a gala dos Premios de Teatro María Casares que se celebra mañá, xoves 9 de setembro, no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A gala estará dirixida por Paula Carballeira e Chiqui Pereira e poderase seguir a través de Youtube, na Canle dos Premios de Teatro María Casares. A emisión estará operativa a partir das 20.00 h. O elenco que subirá ao escenario do Rosalía Castro estará conformado por Casilda Alfaro, Alfredo Rodríguez, Nuria Sanz, Suso Cortegoso, Alba Bermúdez e Nelu Vermouth. A escenografía correrá a cargo de Suso Montero e a música estará composta por Nacho Sanz. Ademais, os dramaturgos Carlos Santiago e Clara Gayo realizarán senllas colaboracións especiais mentres que Evaristo Calvo lerá o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro. Durante a gala, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.

Trece espectáculos finalistas

En total de 13 espectáculos, competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares. A obra A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, conta cun total de oito finalistas, polo que opta a outros tantos premios. Pola súa banda, Dreaming Juliet,de Elefante Elegante; a obra 32m2, de ButacaZero, e Bailar Agora, de Marta Alonso Tejada, compiten tamén por cinco galardóns. Micropectivas dun marica millennial, de Incendiaria, está como finalista en catro categorías, ao igual que Os nenos da varíola, de Pérez&Fernández, e O Premio, de La Quintana Teatro. O mozo da última fila, de Redrum Teatro, aspira a tres galardóns. Por último, cinco obras optan a un premio: Poeta en Nova York, de Teatro Baixo da Area; A conquista da escola de Madhubai, de Teatro do Atlántico; O libro da selva, de Teatro Avento Producións; Lázaro de Tormes, de Pedras de Cartón, e Ris Ras, de Baobab Teatro.

Os Premios María Casares están organizados dende 1997 pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia a través da Agadic, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado de Cultura do Concello de Narón, a Fundación ASIGE, a Fundación SGAE e Gadisa.