Están a ser uns tempos moi difíciles para o espectáculo ao vivo, e moitos artistas, técnicos e artesáns loitan nunha profesión que xa estaba chea de inseguridade.
Quizais esa inseguridade sempre presente acabou por facelos máis capaces de sobrevivir a esta pandemia con enxeño e coraxe.
A súa imaxinación xa se traduciu, nestas novas circunstancias, en formas creativas, entretidas e conmovedoras de comunicarse, gracias en gran parte á rede.
Os seres humanos levan contando historias dende que están no mundo. A fermosa cultura do teatro vivirá mentres esteamos aquí.
O impulso creativo de escritorxs, deseñadorxs, bailaríns/bailarinas, cantantes, actores/actrices, músicxs, directorxs, nunca será sufocado e nun futuro moi próximo florecerá outra vez con renovadas enerxías e unha nova comprensión do mundo que compartimos.
Estou ansiosa!
Tradución: AAAG
Texto orixinal: Helen Mirren