Volver

Xan Cejudo, Premio de Honra Marisa Soto

O actor Xan Cejudo é o novo Premio de Honra Marisa Soto. Xan Cejudo è unha persoa fundamental no desenvolvemento do teatro profesional en Galicia. O mundo da escena débelle moito, pois dedicouse profesionalmente a él case exclusivamente, como actor pero tamén como director, autor, axudante de dirección… Ademais, deixou un pouso técnico e intelectual, e influíu moito en distintos directores galegos. Cejudo ca súa opinión inflúe e segue a influir na escena de hoxe. Volveu a Galicia o mesmo ano que se fundou o Centro Dramático Galego e, a partir dese ano, fixo 20 espectáculos co CDG.

Tamén dirixiu para o CDG “A Pousadeira” (1987), “Da Vinci levaba razón” (1987) e “A burla do galo” (2000).

Como director de escena, tamén dirixiu máis dunha vintena de pezas, entre as que destacan, ademais das xa mencionadas, “Códice clandestino” (1989), de Quico Cadaval para a compañía O Moucho Clerc, pola que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Director; “Na fraga do conde”; e “Galimatías”, coa mesma compañía.

Ademais, como actor de teatro participou en numerosos espectáculos de compañías como Teatro Circo, Teatro Tranco, Malbarate Teatro e na produción “Truenos y Misterios”(Matarile Teatro, 2007), creada e dirixida por Ana Vallés. Pero foi o seu papel protagonista en “Tío Vania”(Factoría Teatro, 2005) de Antón Chejov, baixo a dirección de Cristina Domínguez, co que acadou o Premio María Casares 2006 ao Mellor Actor. No 2008 recibiu o Premio María Casares ao Mellor Actor secundario polo seu traballo en “Noite de Reis, ou o que queirades” do Centro Dramático Galego.

No 2010 participa como actor no espectáculo "Cerrado por aburrimento" coa compañía Matarile Teatro.

Hai que resaltar a capacidade creativa e a xenerosidade artística de Xan. Se alguén representa ben esa máxima de que O TEATRO É UNHA ARTE COMPARTIDA ese é Xan Cejudo. Mestre de mestres

Na Prensa Galicia Hoxe Xornal de Galicia El Correo Gallego Artezblai Xornalgalicia.com El Ideal Gallego La Opinión Retrincos