Volver

Comunicado de Conarte ao respecto da prestación extraordinaria para artistas

A situación de extrema dificultade que está a sufrir o sector das artes e da cultura como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19, provocou a destrución total da posibilidade de traballo de milleiros de artistas que, na maioría dos casos, non puideron traballar desde marzo de 2020 e que non podan retomar a súa actividade a curto prazo.

Neste particular, desde o goberno recoñeceuse mediante RD 17/2020, do 5 de maio, o acceso extraordinario a unha prestación específica para os artistas, cunha duración prevista de entre 4-6 meses de prestación, posteriormente prorrogada mediante RD 32/2020, de 4 novembro.

Non obstante, a situación extrema en que viven os artistas, vese agravada pola aplicación por parte do Servicio Publico de Empleo Estatal das porcentaxes previstas ao importe diario que se percibe do 70 % da base reguladora durante os primeiros 180 días de prestación e o 50 % a partir do día 181 até o final da mesma, supón que os artistas pasan de cobrar 735 €/mensuais a cobrar 525 €/mes.

Esta situación incrementa exponencialmente as dificultades ás que se enfronta o sector artístico que ve minguada nun 20% as súas posibilidades de supervivencia.

Desde CONARTe, como sindicato profesional do sector artístico, entendemos que, como prestación extraordinaria e ao abeiro da extraordinaria situación límite que vive este sector, non deben aplicarse a porcentaxe de redución al 50% previsto a partir do día 181 de prestación.

Polo tanto, solicitamos ao Gobierno que dada a situación excepcional que atravesa o sector cultural, exceptúe a aplicación do coeficiente redutor aplicado á prestación extraordinaria de artistas a partir do día 181.