Volver

Obradoiro con Johnny Melville

Etiquetas:

A AAAG, en colaboración coa Asociación Cultural Manicómicos organiza este obradoiro Que impartirá Johnny Melville do 25 ao 27 de Marzo na Coruña. O Mestre Johnny Melville (Escocia, 1948) Actor, profesor, pallaso, mimo, cantante, músico, adestrador de chimpancés, adestrador de aikido e mestre en artes circenses. O punto forte de Melville é o seu talento para conectar e compenetrarse cos espectadores a través das súas destrezas físicas e a mímica dos personaxes que crea, cun punto entre a sátira e a crítica social, na que destaca a súa instantánea habilidade para a improvisación e o seu dominio dos idiomas. É un mestre na arte de conectar con frescura co público, de integralo nas súas aventuras, as súas loucuras e as súas historias. É un consumado mimo, que domina a danza, a improvisación eaacrobacia: un contista, un pallaso, un bromista que non dubida en facer desfilar ante os ollos do auditorio (de sala ou de rúa) un senfín de situacións a cada cal máis hilarante. Dende 1973 actuou e impartiu talleres en 30 países, dirixiu diferentes compañías, figurou en programas de televisión de moitos países e actuou en numerosas películas (Obtivo o premio ao "mellor actor" no Williamsburgh Film Festival de Brooklyn, Nova York, 2001) Mais info http://johnnymelville.com http://www.paradeoffoolsthemovie.com/ http://www.essanteteambuilder.com/energysculptor/ http://uk.youtube.com/lightwarrior2012) http://www.youtube.com/lightwarrior2012#p/u/14/nTqpjv0-KYU (tourist event in 2010 Chile) http://www.youtube.com/lightwarrior2012#p/u/77/ZEXKH4g31l0 (bodyguards in holland 2004) http://www.youtube.com/lightwarrior2012#p/u/84/s9MFCfVjpK0 (free improvisation Spain 2006) http://www.youtube.com/lightwarrior2012#p/u/70/aFohOad5xOE (free improvisation Spain 2009) Contidos Un taller con Johnny Melville é un curso intensivo en "Performance Dynamics": mimo, acrobacia, improvisación, clown... No taller usaranse técnicas como o Aikido, o Tai Chi, ou o "movemento do chimpancé" como adestramento para unha disciplina e relaxación do corpo de cara a acadar a completa axilidade do actor; diversos xogos e exercicios teatrais, construción de personaxes a partir de formas corporais e emocionais, e "group sensitivity-trainnig", unha técnica na que Melville é un auténtico mestre. Un achegamento ao teatro baseado na procura autodidacta dos individuos para desenvolver o seu propio estilo de comedia. "Acting is all about honesty. If you can fake that you've got it made." ...........George Burns Datas e duración 16 horas, co seguinte calendario: 25 de Marzo, Venres de 16:30 a 20:30 26 de Marzo, Sábado de e de 16:30 a 20:30 27 de Marzo, Domingo de 10:30 a 14:30 e 16:30 a 20:30 Lugar Asociación Cultural MANICÓMICOS C/Andrés Gaos 16 Baixo A Coruña Prazas: 20 prazas A inscrición realizarase por orde de chegada das solicitudes ata completar o número de máximo de prazas , tendo preferencia os socios da AAAG ou da A. C. Manicómicos Prezo 80 Euros para socios de AAAG e/ou da A.C. Manicómicos. No caso de non socios o importe será de 120 Euros Inscrición Do 14 ao 24 de marzo, mediante a presentación do formulario de inscrición anexo debidamente cuberto, adxuntando currículum vitae e fotografía recente e xustificante do ingreso do importe do curso antes do día 24 de Marzo. No caso de anulación da reserva por parte do alumno a organización non se compromete á devolución do importe da mesma se a praza non se cubre Forma de pago: Consultar o PDF