Volver

Convocadas as axudas extraordinarias para o teatro e o circo do Inaem

O BOE publicou a convocatoria o pasado 31 de xullo e dá quince días hábiles para concorrer a estas subvencións cuxo importe total a repartir ascenda a máis de 21.000.000 de euros.

O Boletín oficial do Estado publicou o pasado venres as axudas excepcionais do Instituto Nacional de Artes Escénicas e da Música (Inaem), entidade dependente do Ministerio de Cultura, para as artes escénicas no ámbito do teatro e o circo para facer fronte ao impacto negativa da crise sanitaria do Covid-10, tal e como se publicou no Real Dreceto Lei 17/2020, do 5 de maio. A estas axudas, cuxo importe ascende a un total de 21.383.648 euros, poderán optar as persoas físicas -sempre que estrean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, así como as persoas xurídicas -públicas ou privadas- que se dediquen as artes escénicas.

A convocatoria establecen diferentes modalidades, incluídas en dúas grandes liñas de actuación do Inaem:

A. Liña de apoio ao mantemento das estruturas das artes escénicas

A1. Axudas para proxectos integrais empresariais a empresas privadas produtoras de actividades de artes escénicas (teatrais e circenses)

A2. Axudas a entidades sen ánimo de lucro responsables de artes escénicas (teatrais e circenses)

A3. Axudas a empresas e fundacións privadas xestoras de salas de teatro e circo responsables de programacións escénicas de teatro, circo e artes escénicas de rúa e/ou responsables de proxectos estables de creación, exhibición, investigación e formación en teatro, circo e artes escénicas de rúa.

A4. Axudas a federacións, confederacións e asociacións profesionais de artes escénicas (teatrais e circenses) de ámbito estatal e proxección internacional.

B. Liña de apoio ás actividades escénicas e proxectos culturais (teatrais e circenses)

B.1 Axudas a xiras nacionais e internacionais, xiras de coproducións interautonómicas e producións no estranxeiro

B.2 Axudas a programacións escénicas, residencias artísticas e actividades de investigación e formación promovidas polas salas privadas.

B.3 Axudas a festivais, feiras, mostras, circuítos e outros eventos de carácter teatral e circense

Pódese consultar a convocatoria íntegra na seguinte ligazón: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/517437