Volver

Sobre a desestimación da demanda de Iria Pinheiro

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) difunde a decisión do Xulgado do Social nº3 de Santiago de Compostela de desestimar a denuncia interposta pola actriz Iria Pinheiro contra o director do programa emitido pola Televisión de Galicia Con amor e compañía, José Luis Viñas Orta, e a produtora do mesmo, Ficción Producciones. A Xustiza determina así que non quedou acreditado “ninguna situación de acoso laboral o sexual por parte del demandado, D.José Luis Viñas Orta, hacia la demandante” e indica que “la actuación de la empresa demandada, la productora, tan pronto como tiene conocimiento de los hechos denunciados por la actora, fue correcta”.

A AAAG, ao igual que nos fixemos eco no mes de marzo da denuncia presentada por parte da nosa asociada, hoxe facemos o propio coa sentenza de desestimación. Para finalizar, lembramos que a AAAG, como entidade sindical, ten como unha das súas funcións básicas apoiar e amparar o seu corpo asociativo, polo cal contamos cun asesoramento legal permanente a disposición de todos os seus asociados e asociadas.