Volver

Prazas completas para o Roteiro polas orixes de María Casares

Etiquetas:

Pecháse o prazo de inscrición, xa que está completa a asistencia.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) lembrará no mes de abril a figura de María Casares con diferentes actos no programa de actividades paralelas á gala dos Premios de Teatro. Neste 2018, a AAAG escolle datas próximas ao 14 de abril, aniversario da proclamación da II República, para homenaxear a actriz universal nacida na Coruña que cedeu o seu nome aos nosos galardóns da escena. Desta volta, a programación incluirá un roteiro o vindeiro sábado 7 de abril polas rúas da Coruña no que se furará nas orixes familiares da actriz e un coloquio na Casa Museo Casares Quiroga o mércores 11 de abril no que diversos autores e investigadoras deitarán luz sobre a súa traxectoria.

O roteiro organizado pola AAAG conta coa colaboración e condución do historiador Emilio Grandío e da investigadora María Lopo. Ademais, a actriz Mabel Rivera acompañará o percorrido coa lectura de fragmentos das memorias de María Casares Residente privilexiada. Fixado para ás 11.30 horas do sábado 7 de abril, o traxecto iniciarase na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12) e ten unha duración estimada de dúas horas. O itinerario percorrerá as rúas da Coruña e realizará paradas en puntos da xeografía coruñesa cunha especial significación para a familia de María Casares, tanto da rama do pai Santiago Casares Quiroga como da nai Gloria Pérez Corrales. O roteiro conta xa coas prazas completas e dada a alta demanda, organizarase unha segunda convocatoria.

O roteiro conta xa coas prazas completas