Volver

A Academia Galega de Teatro presenta o seu programa básico para a escena e anuncia un gran congreso para 2020

Imma António, presidenta da Academia; Eduardo Alonso, vicepresidenta; Luma Gómez e Antonio Simón, vogais, interviron no acto de presentación no Consello da Cultura Galega

A Academia Galega de Teatro aproveitou o Día Mundial do Teatro para presentar no Consello da Cultura Galega o seu Plan Básico Para o Teatro Galego, unha folla de rota con 21 propostas que abordar no futuro. “Esta Academia nace con vocación de futuro e vocación de futuro. Dende o inicio, dende os primeiros pasos que fomos dando, entendemos teque a Academia debe recoller o legado das persoas que nos sucederon e ter un significado para os que nos sucederán”, explicou Imma António, presidenta da Academia; durante un acto no que tamén participou Eduardo Alonso, vicepresidente da Academia; Luma Gómez, vogal, e Antonio Simón, vogal tamén da xunta directiva.

Alonso, pola súa banda, fixo referencia aos 40 anos de teatro profesional en Galicia, xa que foi en 1978 cando as primeiras compañías profesionais estrearon as súas montaxes fundacionais. “Nos últimos corenta anos, dotouse ao sector de institucións, asociacións profesionais e estableceéronse espazos de conexión coa sociedade, ferramentas fundamentais para vertebrar o sector; unha delas é Asociación de Actores e Actrices de Galicia, fundamental o seu labor para o teatro. Foino e seguirá sendo”, sinalou Alonso antes de engadir que restaba crear un “espazo transversal, un espazo de debate, que non se centrase na pelexa diaria, senón que contase co pouso necesario para a leboración dun corpus ideolóxico e doutrinal para o teatro galego”. Alonso, ademais, destacou que o teatro ten tamén “vocación de servizo público” e que conta cun importante “compoñente ideolóxico”.

Pola súa banda, Luma Gómez encargouse de detallar O programa básico para o teatro galego, que reúne 21 aspectos esencias para o sector que cómpre abordar no futuro. Nesta relacións de propostas, atópanse necesidades como a ampliación, tanto cualitativa coma cuantitativamente, do apoio institucional ás compañías profesionais; a adscrición da ESAD á universidade, a creación de compañías residentes nos teatros de titularidade pública, a reestruturación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ou reforma do Centro Dramático Galego para que a institución conte cunha autonomái xurídica.

Finalmente, Antonio Simón encargouse de anunciar que a Academia Galega de Teatro organizará para a primavera de 2020 un gran congreso do teatro galego, cuxo obxectivo será crear unha sorte de plan rector para as artes escénicas entre para a década comprendida entre 2020 e 2030. Simón rematou o acto facendo un convite xeral para que todas as asociacións sectoriais colaboren no relatorio do mesmo.