Volver

Un total de 9 espectáculos acadan candidaturas finalistas nos XXII Premios de Teatro María Casares

A obra que acapara maior número de nomeacións é ‘Resaca’, de IlMaquinario Teatro, que aspira a 10 galardóns. Martes de Carnaval, do Centro Dramático Galego séguea de preto con 9 candidaturas. ‘A Cabeza do Dragón’ de Producións Teatráis Excéntricas e ‘Soño dunha noite de Verán’ de Voadora acadan 7 cada unha e ‘Elisa e Marcela’, de A Panadaría, obtén 6 candidaturas finalistas aos María Casares

O premio ao mellor espectáculo decidirase entre ‘Elisa e Marcela’, ‘Resaca’ e ‘Soño dunha noite de verán’, mentres que ‘A galiña azul’, de Tanxarina, ‘Outono’ de Pistacatro, e ‘Pum, Pum!’, de Baobab Teatro, competirán polo galardón ao mellor espectáculo infantil

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os/as nomeados/as aos XXII Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Os espectáculos finalistas nas catorce categorías coas que contan os Premios déronse a coñecer na Festa dos Nomeados/as, deste 2017. O Auditorio de Galicia acolleu esta tarde o acto, presentado pola actriz e secretaria da entidade Iria Sobrado, ao que acudiron a maior parte dos/as profesionais finalistas deste 2018. Sobrado, na súa presentación, destacou que durante a inscrición aos premios un total de 32 espectáculos e máis de 300 profesionais presentaron as súas candidaturas.

No acto presentouse tamén a imaxe dos premios deste ano, realizada pola ilustradora Xulia Vicente coa intención de fomentar as relacións creativas entre as artes escénicas e o mundo da ilustración. A partir de esta edición os María Casares pretenden contar coa colaboración de ilustradores e ilustradores de recoñecido prestixio como Xulia Vicente coa que iniciamos esta nova etapa.

Xulia Vicente (1993, Cariño). Cursa o grao en Belas Artes en Valencia. O seu primeiro libro combina banda deseñada con relato escrito e publícase en 2016: Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada (Andana Editorial), con Miguel Ángel Giner Bou e Núria Tamarit. Máis adiante séguenlle Duerme pueblo (Ediciones La Cúpula), de novo xunto a Núria Tamarit, e Ari, cazador de dragones (Sallybooks) con guión de Manuel Gutiérrez. Participa noutras publicacións como Licor Café (Demo Editorial) ou Voltio (Ediciones La Cúpula), e en diversos fanzines (Sacoponcho ou Nimio entre eles).

En total de 9 espectáculos acadaron algunha nomeación nos catorce apartados nos que se dividen os María Casares: maquillaxe, vestiario, iluminación, música orixinal, adaptación-tradución, texto orixinal, escenografía, actriz secundaria, actor secundario, actriz protagonista, actor protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

‘Resaca’, de ilMaquinario Teatro, converteuse neste 2018 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 10 nomeacións. Pola súa banda, ‘Martes de Carnaval’, do Centro Dramático Galego, aspira a 9 galardóns. ‘A cabeza do dragón’, de Producións Teatráis Excéntricas e , ‘Soño dunha noite de Verán’ de Voadora acadan 7 cada unha e ‘Elisa e Marcela’, de A Panadaría, obtén 6 candidaturas finalistas. ‘Fillos do sol’ de Contraproducións ten como finalista o texto orixinal de Cándido Pazó. ‘Outono’ de Pistacatro, ademais de optar ao premio á mellor maquillaxe, optará ao premio ao mellor espectáculo infantil xunto a ‘A galiña azul’, de Tanxarina, e ‘Pum, Pum!’, de Baobab Teatro.

Cada espectáculo aspira aos premio nas seguintes categorías (entre parénteses, número de premios ao que optan):

1. Resaca. IlMaquinario Teatro (10): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actriz protagonista (Melania Cruz) actor protagonista (Fran Lareu), actriz secundaria (Laura Míguez), actor secundario (Fernando gonzález), texto orixinal, música orixinal, escenografía, e iluminación.

2. Martes de Carnaval. Centro Dramático Galego (9): Dirección (Marta Pazos), actriz protagonista (María Roja) actor protagonista (Miquel Insua), actriz secundaria (Anabell Gago), adaptación/tradución, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario.

3. A Cabeza do dragón. Producións Teatráis Excéntricas (7): dirección (Quico Cadaval), actor protagonista (Iván Marcos), actor secundario (por partida dupla: Josito Porto e Víctor Mosqueira) adaptación/tradución, iluminación, e vestiario.

4. Soño dunha noite de verán. Voadora (7): espectáculo, actriz secundaria (Areta Bolado), adaptación/tradución, escenografía, música orixinal, maquillaxe e vestiario.

5. Elisa e Marcela. A Panadaría(6): espectáculo, dirección (Gena Baamonde), actriz protagonista (Areta Bolado), actriz secundaria (Ailén Kendelman), texto orixinal e música orixinal.

6. Outono. Pistacatro (2): espectáculo infantil e maquillaxe.

7. A galiña azul. Tanxarina (1): espectáculo infantil

8. Fillos do Sol. Contraproducións(1): Texto orixinal

9. Pum Pum!Baobab Teatro (1): espectáculo infantil

Podedes descargar a nota de prensa completa AQUI